Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA UN CONCERTO DE GUADI GALEGO E A REPRESENTACIÓN DA OBRA TEATRAL "JAURÍA"
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA UN CONCERTO DE GUADI GALEGO E A REPRESENTACIÓN DA OBRA TEATRAL
As entradas dispoñibles para estes dous espectáculos, ata completar o aforo, poden adquirise na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura, tal e como recordou o edil responsable da área, Guillermo Sánchez Fojo
Narón, 14 de decembro de 2020. O Pazo da Cultura continuará desenvolvendo esta fin de semana a programación do último cuadrimestre do ano. Cun aforo de 250 persoas, atendendo ás actuais medidas sanitarias, este venres, día 18, terá lugar un concerto de Guadi Galego e o sábado día 19 representarase a obra teatral “Jauría”, tal e como recordou o concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo. As entradas para estes espectáculos poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.
A cantante Guadi Galego presentará no Pazo, ás 20.30 horas, o seu último traballo discográfico, “Inmersión”. A galega protagonizará un concerto de algo máis dunha hora de duración, tempo no que o público terá a oportunidade de escoitar os once temas xa editados nos seus últimos traballos e que xunto con outro inédito integran este disco. Recoñecidos artistas como Silvia Quesada, Iván Ferreiro, Clara Peya e Judith Neddermann ou Andrés Suárez, entre outros, colaboran neste disco. As entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e menores de 14 anos.
Na xornada do sábado a compañía El Pavón Teatro Kamikace representará ás 20.00 horas a obra “Jauría”, dirixida a público adulto e de case hora e media de duración. A peza é unha ficción documental que parte dun material real, do xuízo realizado á manda e que se constrúe con fragmentos das declaracións que no seu día realizaron acusados e denunciante. Este caso removerá novamente o concepto de masculinidade e a súa relación co sexo na sociedade actual, marcando un antes e un despois. Actores como Martiño Rivas, María Hervás e Pablo Béjar forman parte do elenco desta obra teatral. O prezo das entradas é de 14 euros para o público xeral e de 9,80 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal