Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA VALORA A IMPLANTACIÓN DUNHA NOVA LIÑA DE AUTOBÚS QUE MELLORA O SERVIZO DE TRANSPORTE DO ALUMNADO DO VAL E SAN MATEO AOS DOUS INSTITUTOS DA CIDADE
Marián Ferreiro destacou a colaboración de todos os colectivos implicados na materialización desta nova liña de transporte
Narón, 14 de decembro de 2020. A nova liña de autobús con paradas en San Mateo e O Val para facilitar os desprazamentos de estudantes dos institutos das Telleiras e Terra de Trasancos comezará a funcionar o vindeiro mércores, día 16. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, indicou que a Xunta de Galicia atendeu a solicitude formulada dende o Concello de Narón para dar servizo a un colectivo que disporá dende esta semana dunha liña que funcionará de luns a venres ás 7.45 horas, podendo así chegar ao inicio das clases nos citados institutos locais. Ferreiro recordou que dende o goberno local, concretamente as áreas de Transportes e Ensino, presididas por Mar Gómez e Mercedes Taibo, respectivamente, xa se trasladou hai tempo esta demanda á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, atendendo a unha petición formulada no seu día tralas conversas mantidas con representantes das asociacións de veciños “Os Cruceiros”, de Castro, “Os Irmandiños”, do Val, da Agrupación Veciñal de San Mateo e das Anpas “Castelao", do IES As Telleiras, e “Pérez Alberti”, do IES Terra de Trasancos. “O goberno local presentou no seu día alegacións ao anteproxecto do Plan de Transporte Metropolitano nas que se recollían as achegas dos citados colectivos e que foron atendidas parcialmente dende a administración autonómica, debido a que o alumnado que se desprazaba aos institutos naroneses dende O Val e San Mateo carecía dun horario que lle permitise chegar en tempo ao inicio das clases”, apuntou a rexedora local. Dende o Concello estívose en contacto permanente coa empresa adxudicataria do servizo, que consideraba que era viable esta liña, polo que se continuou reclamando a súa posta en marcha. A alcaldesa valorou a dispoñibilidade da compañía e tamén o feito de que finalmente a Xunta atendese a solicitude formulada dende o Consistorio. “É moi importante este novo servizo porque ata o de agora, tal e como lle trasladamos á Dirección Xeral de Mobilidade, as rapazas e rapaces matriculados nos institutos de Narón tiñan unha única opción para chegar ao inicio das clases, que era coller a ruta das 6.20 horas, o que supoñía que tivesen que esperar case unha hora dende que o bus os deixaba no instituto ata que comezasen as clases”. A alcaldesa destacou tamén a colaboración das entidades veciñais e das Anpas dos IES da cidade “para lograr que finalmente o alumnado dispoña dun servizo en condicións”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal