Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE MAÑÁ O PRAZO PARA SOLICITAR OS VALES PARA COMPRAR AGASALLOS DE NADAL DIRIXIDOS A MENORES DAS FAMILIAS MÁIS DESFAVORECIDAS
A edil de Benestar Social, Catalina García, indicou que a convocatoria se dirixe a familias empadroadas en Narón con menores de entre 0 e 16 anos
Narón, 15 de decembro de 2020. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, anunciou a apertura do prazo mañá mércores para solicitar as axudas convocadas polo Concello para a adquisición de agasallos de Nadal e destinadas ás familias máis vulnerables da cidade. Esta convocatoria publicouse no Boletín Oficial da Provincia de hoxe, tal e como recordou García, e as persoas ás que se dirixe dispoñen de dez días hábiles –contados dende mañá- para presentar a solicitude no primeiro andar do Concello (entrando pola Praza de Galicia). Poderán solicitar estas axudas as familias empadroadas en Narón, con fillos menores que a 31 de decembro deste ano teñan entre 0 e 16 anos, segundo se especifica na convocatoria. A edil de Benestar Social explicou que “as familias que cumpran os requisitos recibirán un vale por importe de 60 euros por menor que poderán gastar en calquera establecemento comercial de Narón que acepte o vale polo importe máximo que figure no mesmo”. O obxectivo desta convocatoria é que “as nenas e nenos das familias máis vulnerables poidan ter tamén os seus xoguetes este Nadal, fomentando así a igualdade deses menores e garantindo que teñan dereito e acceso aos seus agasallos de Nadal”. A documentación a entregar pode consultarse na Sede Electrónica do Concello: sedeelectronica.naron.es e as persoas que teñan concedida axuda para material escolar ou sexan perceptoras de Risga tan só terán que entregar unha declaración xurada de que manteñen a mesma situación económica que cando se lles concederon esas axudas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal