Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA INSTA A SANIDADE A SOLVENTAR O PROBLEMA DE AGLOMERACIÓN DE PERSOAS NO EXTERIOR DO CENTRO DE SAÚDE
Marián Ferreiro reiterou na reunión mantida esta mañá con representantes da Consellería de Sanidade a necesidade de evitar as esperas no exterior do centro de saúde
Narón, 16 de decembro de 2020. A alcaldesa, Marián Ferreiro, participou esta mañá nunha nova reunión con responsables da Consellería de Sanidade, o xerente da Área Sanitaria de Ferrol e integrantes dos gobernos locais de Ferrol e As Pontes para valorar a actual situación sanitaria. A rexedora local interesouse novamente polo problema derivado da aglomeración de persoas no exterior do centro de saúde do Alto. O xerente da Área Sanitaria de Ferrol, Ángel Facio, asegurou que esta mesma problemática se rexistra noutros concellos e que se está traballando nos controis de aforos conxuntamente cos responsables dos centros de saúde. Facio indicou que se reforzou a contratación de persoal de servizos xerais para poder regular as entradas e explicou tamén sobre os aforos que se incidirá en que a xente non acuda aos centros con moita antelación, distanciar as citas presenciais e manter as consultas telefónicas. Así mesmo, traballarase en reestablecer o aforo das salas para facilitar que a xente poida esperar, mantendo todas as medidas sanitarias, no interior dos centros de saúde. A alcaldesa agradeceu que se estea axilizando a solución a este problema, que vén de meses atrás, co fin de evitar as esperas que en ocasións se rexistran fóra das instalacións sanitarias.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal