Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO DIXITALIZA O REXISTRO XERAL PARA FACER MÁIS ACCESIBLE A ADMINISTRACIÓN LOCAL
O CONCELLO DIXITALIZA O REXISTRO XERAL PARA FACER MÁIS ACCESIBLE A ADMINISTRACIÓN LOCAL
Trátase do primeiro paso para poder realizar trámites administrativos a través de Internet
Narón, 11 de Agosto de 2009.- A Concellería de Novas Tecnoloxías de Narón, dirixida por Paloma González Cuevas, está a desenvolver un sistema integral de xestión informatizada de expedientes administrativos, que forma parte do Plan de Modernización Dixital do Concello. O primeiro paso dado foi a dixitalización do Rexistro de entrada e saída, o que permite a xestión dos expedientes municipais e a eliminación do papel coa incorporación da firma dixital.

A dixitalización do rexistro é efectiva dende o pasado 4 de agosto, e do mesmo xeito que o resto dos procedementos administrativos que se levarán a cabo en fases posteriores, realízase a través do programa AUPAC (Automatización do Procedemento Administrativo Común).

Posteriormente e ó longo deste ano, está prevista a instalación da ferramenta de administración dixital SIAC, que establecerá un novo canle de comunicación entre a administración e os cidadáns. Este software permitirá ós cidadáns presentar as súas solicitudes ou consultar os seus expedientes dende Internet –a través da web do Concello- sen necesidade de desprazarse á Casa Consistorial. Deste xeito poderáse obter un certificado de empadronamento, ou consultar un expediente urbanístico ou unha obra menor.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal