Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
PRETO DE 300 ESCOLARES DE OITO CENTROS DE ENSINO DA CIDADE PARTICIPARON NAS "III OLIMPÍADAS ESCOLARES VIRTUAIS"
PRETO DE 300 ESCOLARES DE OITO CENTROS DE ENSINO DA CIDADE PARTICIPARON NAS
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, felicitou aos gañadores e agradeceu a colaboración das persoas e empresas que se implicaron nesta iniciativa
Narón, 22 de decembro de 2020. Un total de 273 alumnas e alumnos de quinto e sexto curso de educación Primaria de oito centros de ensino da cidade participaron na terceira edición das “Olimpíadas Escolares Virtuais” organizadas polo Concello. O edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, agradeceu a implicación do alumnado e do persoal dos centros de ensino, xuíces, Confederación Nacional de Autoescuelas e empresas colaboradoras “para poder celebrar un ano máis estas olimpíadas, este ano adaptadas á situación sanitaria pero que novamente tiveron unha excelente acollida”. Romero felicitou a todos os participantes e, en especial ao alumnado do colexio da Gándara, que obtivo o primeiro premio.
Este ano participou nesta proposta do Equipo de Educación Viaria de Narón alumnado de quinto de educación Primaria dos colexios Ponte de Xuvia, Piñeiros, O Feal, A Solaina e Virxe do Mar e de sexto curso do Jorge Juan, A Gándara e Ayala. As diferentes probas destas olimpíadas comezaron a desenvolverse o pasado mes de outubro, cunha fase teórica que maioritariamente se levou a cabo a través da plataforma Zoom.
A continuación, dende mediados deste mes tivo lugar a parte práctica, na que o alumnado realizou un circuíto de habilidade no que participaban unha alumna e un alumno por cada centro.
A fase final realizouse a pasada semana, tamén a través da plataforma Zoom, e na mesma participaron tres rapazas e tres rapaces de cada centro escolar, elixidos dende os propios colexios.
Co resultado da puntuación do test teórico e do circuíto de habilidade obtívose a puntuación de cada un dos centros. No teórico os participantes abordaron varias áreas: Educación Viaria, Matemáticas e inglés aplicados á Educación Viaria, Medio ambiente e sostibilidade e Patrimonio do Concello.
En canto á clasificación da final, o primeiro lugar foi para o alumnado da Gándara e de segundo e terceiro quedaron os de Ponte de Xuvia e A Solaina, respectivamente. En canto aos premios, entregaranse drons, un ano gratuíto de alugueiro dunha bici; menús para unha clase e tamén xogos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal