Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO REFORZARÁ A VIXILANCIA POLICIAL CON AXENTES UNIFORMADOS E DE PAISANO DURANTE A TEMPADA DE NADAL
O CONCELLO REFORZARÁ A VIXILANCIA POLICIAL CON AXENTES UNIFORMADOS E DE PAISANO DURANTE A TEMPADA DE NADAL
A alcaldesa, Marián Ferreiro, incidiu en que o operativo se centrará en garantir o cumprimento das medidas sanitarias establecidas para frear o avance da Covid-19
Narón, 22 de decembro de 2020. O Concello de Narón reforzará a vixilancia con policías uniformados e de paisano durante a tempada de Nadal. Así o anunciou a alcaldesa, Marián Ferreiro, que indicou que o Consistorio conta co pertinente permiso da subdelegación do Goberno para que policías de paisano formen parte do operativo especial que velará polo cumprimento de todas as medidas sanitarias, incluído o toque de queda e os desprazamentos no peche perimetral que afecta a Narón.
Os axentes uniformados e de paisano centrarán o seu labor en percorrer as vías da cidade, establecendo os pertinentes controis, e tamén prestando especial atención ás zonas de maior afluencia de xente para intensificar a vixilancia naqueles casos de posibles infractores da normativa establecida para evitar a propagación da Covid-19. “O feito de que unha parte dos controis os realicen axentes que non irán uniformados permitirá levar a cabo uns controis máis exhaustivos do cumprimento das normas vencelladas aos aforos, horarios, traslados…e, en definitiva, sancionar calquera comportamento incívico que poña en risco a seguridade e saúde das persoas”, recalcou Ferreiro.
A alcaldesa indicou que esta mañá o xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita, asistiu á xuntanza que vía telemática mantivo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, con responsables da Policía Local dos concellos de Galicia e na que se informou sobre as liñas de actuación decretadas dende a administración autonómica.
Finalmente, Ferreiro fixo un chamamento á responsabilidade individual para que as veciñas e veciños respecten todas as normas establecidas co fin de frear o avance desta pandemia.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal