Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
AS SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS NO PROGRAMA "NARÓN IMPULSA" DEBERÁN XUSTIFICARSE DURANTE O MES DE XANEIRO NA SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO
AS SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS NO PROGRAMA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, anunciou que xa se pode consultar a documentación destes trámites na Sede Electrónica de Narón
Narón, 26 de decembro de 2020. As persoas autónomas e os responsables de microempresas e pequenas empresas da cidade ás que se lles concedeu algunha das axudas do programa municipal “Narón impulsa” deberán realizar durante o vindeiro mes de xaneiro os trámites oportunos correspondentes á xustificación das mesmas. A alcaldesa, Marián Ferreiro, explicou que na actualidade xa está dispoñible para consulta na Sede Electrónica do Concello –no enlace: https://cutt.ly/8h3zkmP-, donde a partir de xaneiro se poderán xustificar vía telemática.
Entre a documentación a presentar está unha declaración reponsable asinada dixitalmente na que debe figurar, entre outra información, a relación de axudas, subvencións e outros ingresos de administracións concedidas ou solicitadas coa mesma finalidade que as do programa “Narón impulsa”, para minimizar o impacto da crise da Covid-19 no sector. A maiores, entre os documentos obrigatorios figuran xunto coa solicitude informativa, un certificado actualizado a xaneiro de 2021 da situación censual; unha resolución/certificación actualizada (tamén a xaneiro de 2021) da alta no réxime correspondente da Seguridade Social da persoa física ou administradora beneficiaria da subvención; no caso de ter empregados/as ao seu cargo, un informe da vida laboral da empresa expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social dos meses posteriores á concesión da subvención e ata este mes de decembro de 2020 e, finalmente, documentación acreditativa da redución da facturación en alomenos un 75% debido á crise da Covid-19.
Tanto os datos xerais destes trámites como a lexislación e a documentación pertinentes están dispoñibles na Sede Electrónica do Concello, donde tamén figuran unha serie de modelos, tal e como avanzou a rexedora local, da declaración responsable doutras axudas e demais obrigas e da redución da facturación. “As persoas que obtiveron estas subvencións deben continuar pendentes da Sede Electrónica do Concello, donde se continuará publicando o avance deste procedemento”, explicou Ferreiro.
As persoas que queiran realizar algunha consulta ao respecto poden facelo chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensión 1123).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal