Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PAZO DA CULTURA E A LUDOTECA MUNICIPAL DA SOLAINA CONTINÚAN ACOLLENDO ESTA SEMANA AS PROPOSTAS DO PROGRAMA "NARÓN NADAL 2020"
O PAZO DA CULTURA E A LUDOTECA MUNICIPAL DA SOLAINA CONTINÚAN ACOLLENDO ESTA SEMANA AS PROPOSTAS DO PROGRAMA
O espectáculo "A estación máxica", a Cidade dos Agasallos, obradoiros e cine forman parte das propostas dirixidas ás nenas e nenos
Narón, 28 de decembro de 2020. As propostas organizadas no programa “Narón Nadal 2020” continúan esta semana co espectáculo “Estación máxica”, de La Fiesta escénica Circus Show. Aínda quedan entradas dispoñibles para asistir a algunha das funcións programadas para o mércores 30 –ás 18.00 horas-, o sábado 2 de xaneiro –ás 17.00 e 20.00- e o domingo 3 –ás 12.30 e 18.00 horas-. O público poderá ver un show centrado nas datas do Nadal, no que chega a unha estación un tren cargado de peculiares pasaxeiros, músicos, un domador, acróbatas, unha adiviña…. que pasarán na máxica estación a véspera do Nadal. Don Búho, o vixiante desa estación, e uns axudantes xogarán un papel fundamental para que a compañía entenda que o importante no Nadal non son os agasallos nin a árbore, senón a bondade e a maxia que viven en nós e a fortuna de ter con quen compartilos. O prezo das entradas é de 12 euros para público xeral; 8,40 na tarifa reducida e 7 para nenas e nenos.
A maiores, poderá visitarse tamén a Cidade dos Agasallos no Pazo da Cultura, hoxe e tamén mañá e o mércores, ademais do 4 de xaneiro, en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 horas e a fin de semana, os días 2 e 3, de 11.00 a 14.00 horas, sen cita previa. No propio Pazo, ou chamando ao número de teléfono da billeteira -981 102 897- pódense solicitar aínda algunhas das entradas dispoñibles para asistir o vindeiro 5 de xaneiro a saudar aos Reis Magos, que se achegarán ata alí. As nenas e nenos poden depositar previamente as súas cartas no Correo Real do Pazo e o día 5 poderán saudar a Melchor, Gaspar e Baltasar en horario de mañá ou de tarde, de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 horas.
Así mesmo, continúa a programación na Ludoteca municipal da Solaina. Hoxe pola mañá tivo lugar o obradoiro “Rememorando o noso ano”, no que as rapazas e rapaces realizaron adornos e accesorios para un photocall que empregarán usuarias e usuarios das instalacións. Mañá continuará a actividade, entre as 10.15 e as 11.30 horas co obradoiro “Doce lembranzas doces”, na que os asistentes redactarán un pequeno diario ou cartas nas que se reflicta o seu paso por este ano e indiquen o que esperan do 2021. Así mesmo, de 11.45 a 13.00 horas proxectarase o filme de animación “Polar Express”, baseado no libro do mesmo título.
A programación na Ludoteca municipal da Solaina rematará o mércores día 30, tamén en horario de mañá, cando terá lugar unha celebración de Fin de ano coas usuarias e usuarios das instalacións. As persoas que desexen asistir ás convocatorias programadas na ludoteca deberán confirmar previamente a existencia de prazas –presencialmente ou chamando ao número de teléfono 981 389 284- co fin de garantir o cumprimento dos aforos establecidos ante a actual situación sanitaria.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal