Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS NARONESAS SUSANA PITA E VANESA GALEGO E A NEDENSE MARTA LÓPEZ, PREMIADAS NA "CAMPAÑA NADAL 2020"
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Promoción Económica, Davis Pita, entregaron esta mañá os premios no Concello
Narón, 28 de decembro de 2020. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, entregaron esta mañá no Concello unha cesta con produtos de Nadal e dous vales de compra por importe de 100 euros cada un, correspondentes á “Campaña Nadal 2020” organizada polo Concello, en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Narón, e dirixida ao sector comercial da cidade. A cesta con produtos de Nadal foi para Susana Pita Couce, veciña de Narón que acudiu aos establecementos: Libraría Pasapáxina, Os ratiños habilidosos; Bioreona e 4Eco Narón. Así mesmo, os vales por importe de 100 euros para gastar nos establecementos adheridos á campaña –en alomenos dous- foron para Marta López Torres, de Neda, e Vanesa Galego Ramil, de Narón, recollendo o último premio un irmán da agraciada, Carlos Galego. As dúas últimas premiadas participaron nunha acción de viralización que se levou a cabo a través do Facebook. A vindeira semana procederanse a entregar novos premios desta campaña navideña, entre os que se atopan unha cuarta e última cesta con produtos de Nadal, dous vales por importe de 500 euros cada un; outros dous por importe de 300 euros; tres vales de compra de 200 euros cada un a sortear entre os comercios participantes; outros tres de 100 euros do Concurso de redacción infantil e tres máis de 100 euros cada un do Concurso de debuxo infantil. En total entregaranse nesta campaña, que remata o vindeiro xoves, día 31, catro cestas de Nadal e premios en metálico por un importe conxunto de 3.000 euros. A alcaldesa e o edil de Promoción Económica felicitaron ás tres persoas premiadas neste sorteo e agradecéronlles a confianza depositada nos establecementos comerciais da cidade, dos que novamente destacaron a súa variedade e calidade. Así mesmo, animaron á veciñanza “a seguir realizando as súas compras e xestións nos establecementos da cidade tanto nos vindeiros días, con opción de participar nos sorteos desta campaña, como durante o resto do ano, apoiando aos empresarios e empresarias que apostaron por asentarse en Narón”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal