Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A XUNTA ASEGURA QUE DIFERENTES PARÁMETROS DA SITUACIÓN SANITARIA EN NARÓN NON PERMITEN ALIVIAR AS RESTRICIÓNS NO TERMO MUNICIPAL
A XUNTA ASEGURA QUE DIFERENTES PARÁMETROS DA SITUACIÓN SANITARIA EN NARÓN NON PERMITEN ALIVIAR AS RESTRICIÓNS NO TERMO MUNICIPAL
A alcaldesa, Marián Ferreiro, asegurou que a ampliación dunha hora no horario de peche dos establecementos de hostalería "probablemente é irrelevante para o sector ante a grave situación que padece dende hai meses"
Narón, 29 de decembro de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e os seus homónimos de Ferrol, Ángel Mato, e As Pontes, Valentín González, participaron esta mañá nunha nova reunión co secretario xeral da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes, e o xerente da Área Sanitaria de Ferrol, Ángel Facio, para analizar a situación sanitaria e as restricións aplicadas nestes concellos trala reunión, onte á tarde, do comité clínico.
Ferreiro lamentou unha vez máis “que non se informase oficialmente onte aos concellos a pesar de pregúntalo no meu caso” por parte dos responsables da Consellería de Sanidade, sobre as medidas adoptadas no seo do comité clínico. “Unha vez máis e lamentablemente temos que enterarnos polos medios de comunicación das decisións que afectarán ás nosas veciñas e veciños e remitir a esa información ás persoas que onte mesmo nos preguntaban polo estado no que quedaría o noso concello”, denunciou a alcaldesa.
A rexedora naronesa aludiu á grave situación que están atravesando o sector hostaleiro e comercial, entre outros, tanto da cidade como do veciño municipio de Ferrol debido ao peche perimetral que se mantén dende hai varias semanas. Ao respecto indicou tamén que considerando os últimos datos de casos activos na cidade e de incidencia acumulada, “tiñamos a esperanza de que esas restricións se aliviasen cando menos un pouco para dar tamén durante estas datas un alivio aos sectores afectados”. Sobre esta cuestión o representante da Consellería de Sanidade indicou que a maiores deses datos de casos activos e incidencia acumulada “tamén se valoran as porcentaxes de positivos en PCR nos últimos días, o nivel de incidencia acumulada en maiores de 65 anos, o control de gromos, os casos orfos e outros parámetros que non apoian un escenario que permita baixar as restricións nestes momentos”.
O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia anunciou onte pola noite nun comunicado remitido aos medios de comunicación que se manterán as restricións nas que estaban os concellos de Narón, Ferrol –nivel medio-alto- e As Pontes –nivel máximo-, por considerar que a situación epidemiolóxica non permite modificar a situación. Este feito implica que no caso dos concellos de Narón e Ferrol continuarán nos vindeiros días as restricións no nivel medio-alto, o que supón pechar os establecementos hostaleiros ás 17.00 horas salvo a partir das 00.00 horas de mañá que se amplía unha hora, ata as 18.00. En canto á apertura comunicouse que o día 1 de xaneiro non poderán abrir antes das 11.00 horas e, así mesmo, deberán manter o actual aforo do 30% no interior e do 50% no exterior. Así mesmo, a agrupación máxima será de catro persoas, continúan as limitacións especiais de mobilidade e a nocturna mantense tamén restrinxida entre as 23.00 e as 06.00 horas, se ben na noite do 31 de decembro ao 1 de xaneiro o toque de queda amplíase ata as 01.30 horas. Outra das novidades é que se permitirá en xeral a mobilidade entre as 00.00 do día 30 e as 23.00 horas do día 1 de xaneiro.
“Entendemos que a situación é complicada e que todas e todos debemos cumprir as medidas decretadas porque a saúde é primordial ante unha situación como a que estamos vivindo, pero consideramos que medidas como ampliar unha hora a apertura da hostalería son probablemente irrelevantes para o sector e máis aínda cos aforos que deben cumprir”, subliñou.
No transcurso da xuntanza Ferreiro interesouse ademais por coñecer a solución da Xunta de Galicia ás reiteradas colas que se rexistran para acceder ao centro de saúde, “cada vez maiores”, indicando dende Sanidade que se informará ao respecto dende a Área Sanitaria de Ferrol.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal