Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ABONA A FERROL 1,19 MILLÓNS DE EUROS DO SERVIZO DE DEPURACIÓN TRAS APROBARSE O PUNTO NO PLENO ORDINARIO DE HOXE
O CONCELLO ABONA A FERROL 1,19 MILLÓNS DE EUROS DO SERVIZO DE DEPURACIÓN TRAS APROBARSE O PUNTO NO PLENO ORDINARIO DE HOXE
A alcaldesa, Marián Ferreiro, indicou que o pago desa factura que Ferrol presentou este mesmo mes no Concello se corresponde co período comprendido entre xuño de 2018 e decembro de 2019
Narón, 30 de decembro de 2020. O Concello abonou hoxe a Ferrol unha partida de 1.194.652 euros correspondente ao servizo de depuración do período de xuño de 2018 a decembro de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, destacou que “a vontade de Narón de pagar amósase con feitos, e ningún máis claro que o de hoxe, que aprobamos no pleno o recoñecemento de obrigas procedentes de exercicios anteriores derivadas dos gastos dese servizo e no mesmo día materializamos o pago dunha factura que entrou este mesmo mes no Concello”. O punto aprobouse no último pleno do ano cos votos favorables de TEGA, PSOE e BNG e a abstención dos edís do PP.
Neste mesmo punto rexeitouse o abono da contía de 139.725 euros liquidada polo Concello de Ferrol e correspondente ao período comprendido entre abril 2017 e maio de 2018 por non xustificar debidamente a súa exacción. A maiores, tal e como consta no documento, rexeitase a pretensión de Ferrol de realizar unilateralmente calquera variación nas porcentaxes establecidas para os custos imputables a cada un dos concellos. Estas variacións, indican “requerirán o acordo unánime de ambas administracións municipais”.
Así mesmo, aprobouse neste punto propoñer ao Concello de Ferrol “a inmediata constitución dunha comisión de estudo integrada polos representantes políticos, funcionariais, persoal das respectivas empresas mixtas... que designen ambos concellos e tamén persoal da Deputación da Coruña para elaborar un estudo de custes obxectivo deste servizo.
A corporación local aprobou por unanimidade o convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Narón para continuar desenvolvendo na cidade o programa “Xantar na casa” durante os anos 2021, 2022, 2023 e 2024 para un máximo de 32 beneficiarios. O importe establecido para cada unha destas anualidades é de 23.366 euros e, tal e como se establece nunha das cláusulas do convenio, “o grupo máximo de persoas beneficiarias do programa poderá ser modificado por acordo das partes”.
Na sesión plenaria o Concello anulou, coa abstención do PP e o voto en contra do BNG, o acordo de adxudicación do contrato do servizo de recollida de Residuos Sólidos Urbáns e Limpeza viaria adoptado polo pleno o pasado 29 de outubro e acordou retrotraer o procedemento ao momento da valoración do sobre que contén os criterios avaliables mediante xuízo de valor. A medida responde ao feito de dar cumprimento á resolución do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia, que aceptou o recurso presentado pola empresa Urbaser sobre a oferta presentada no seu día pola empresa Acciona, co que a oferta desta última quedará excluída do procedemento, tal e como indicou o portavoz de TEGA, Román Romero.
No transcurso da sesión nomeouse a unha nova compoñente do Consello Sectorial de Igualdade, Isabel Fernández, en representación da Asociación Síndrome de Down Teima Ferrol.
No apartado de mocións aprobouse por unanimidade a presentada polo BNG para que o Concello se comprometese a facer todo o que estea na súa man para adquirir o muíño das Aceñas e a súa posterior recuperación e tamén a convocar unha reunión con representantes dos grupos políticos da corporación local e técnicos do Concello para consensuar a solución máis áxil e sinxela para recuperar esta construción. O concelleiro de Urbanismo, Manuel Ramos, recordou as diferentes xestións que xa se levaron a cabo dende o Concello para tratar de facerse coa titularidade do muíño das Aceñas e avanzou que se continúa traballando nesa mesma liña no actual proceso de revisión do PXOM. O portavoz do PSOE, David Pita, ofreceuse para realizar as xestións precisas ante as diferentes administracións para avanzar o antes posible nesta mesma liña. Finalmente, a alcaldesa, Marián Ferreiro, comprometeuse na propia sesión plenaria a coordinar esa reunión solicitada e convocala na segunda quincena de xaneiro no caso de que todos os grupos políticos estivesen dacordo, proposta que aceptaron.
Aprobouse tamén por unanimidade a moción presentada polo grupo municipal do BNG relativa á recuperación económica, para incluir dentro da campaña para incentivar o consumo no comercio de proximidade unha para o fomento e compra dos produtos galegos aproveitando a tempada de agasallos das festas do Nadal e que poida ter continuidade, iniciativa que xa se está levando a cabo.
Fóra da orde do día o grupo de goberno –TEGA e PSOE- presentou unha moción, na que se abstiveron os edís do PP e votaron en contra os do BNG, para solicitar un ano máis á Xunta de Galicia a incorporación de investimentos en Narón nos seus orzamentos. O portavoz socialista lamentou que un ano máis a administración autonómica “non teña en conta as necesidades de Narón” e amosou a súa confianza en que “o goberno de Feijóo teña a ben reconsiderar eses orzamentos e engadir as peticións que formulamos”. Un Centro Integrado de Atención ás persoas maiores, un plan de investimento en centros de ensino públicos, un Centro Integrado de Formación Profesional, a renovación de beirarrúas da estrada de Cedeira, un novo centro de educación Infantil e Primaria no Alto, un plan de investimento para mantemento e reparación de viais de titularidade autonómica, a incorporación das especialidades de xinecoloxía e psicoloxía no novo centro de saúde e a integración das Escolas Infantís Municipais na Rede da Xunta de Galicia forman parte desas demandas. A alcaldesa asegurou que “nós dende o goberno local facemos diariamente xestións e queremos traer máis investimentos para Narón pero iso depende de quen os reparte e non dos que os pedimos”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal