Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PLAN DE LIMPEZA DAS PRAZAS E PARQUES PÚBLICOS DE NARÓN
PLAN DE LIMPEZA DAS PRAZAS E PARQUES PÚBLICOS DE NARÓN
A Concellería de Servizos emprega unha máquina baldeadora para este traballo
Narón, 17 de Agosto de 2009.- A Concellería de Servizos de Narón, dirixida polo edil Pablo Mauriz, está a levar a cabo un programa de limpeza e mantemento do municipio, actuando sobre parques e xardíns e mobiliario urbán (fundamentalmente marquesiñas, bancos, papeleras e farolas). Para realizar esta actividade, o Concello dispón dunha máquina baldeadora que emprega para a eliminación da suciedade de fontes, beirarrúas e mobiliario.

O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, comprobou hoxe persoalmente o traballo desta máquina manipulada por dous traballadores de Urbaser, empresa concesionaria do servizo de limpeza do Concello. O rexedor desprazouse ata a Praza de Xuvia –frente á antiga Casa Consistorial- acompañado polo Edil de Servizos, para supervisar estos traballos, que se extenderán a outros puntos da cidade.

Con anterioridade, a máquina baldeadora realizou o traballo de limpeza de espazos públicos na Praza de Virxe do Mar, na Praza de Galicia, na Praza de Alvaro Paradela, e na Finca Dopico.

Nun breve prazo de tempo, outra máquina lavaaceras se incorporará á flota de maquinaria do Concello, para limpar as beirarrúas e mellorar así o aspecto xeral do municipio. “Queremos facer de Narón un municipio cada vez máis acolledor e limpo, e con este traballo, proximamente os veciños verán cómo mellora a imaxe da nosa cidade”, declarou Pablo Mauriz.

A Concellería de Servizos tamén está a levar a cabo outras accións de mellora do aspecto de Narón, coma a colocación de céspede artificial nos alcorques da Estrada de Castela –obra xa rematada-, ou a reposición das losas das beirarrúas que atopábanse en mal estado de conservación. Tamén levouse a cabo un repaso das farolas da avenida principal do municipio, limpándoas de propaganda e anuncios.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal