Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE DESPRAZARASE ESTE MES Á CIDADE
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE DESPRAZARASE ESTE MES Á CIDADE
O vehículo estará nas inmediacións da Praza da Gándara o vindeiro martes, día 12, e o 21 deste mes nas proximidades do centro de saúde do Alto, tal e como se informou dende a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia
Narón, 5 de xaneiro de 2021. Unha das unidades móbiles da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue desprazarase este mes, concretamente o vindeiro martes 12 e o xoves 21, á cidade. O vehículo localizarase o martes nas inmediacións da Praza da Gándara, na rúa Pintor Soutomaior - entre as 9.30 e as 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas. Na xornada do xoves 21 a unidade móbil estacionará nas inmediacións do centro de saúde do Alto, na rúa 25 de xullo, donde permanecerá de 9.30 a 14.30 e de 16.00 a 21.00 horas.
Para doar sangue é preciso almorzar e, no caso de xantar, esperar dúas horas. A persoa que vaia doar deberá presentar a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar ao médico no caso de que estea tomando algún medicamento. O persoal tanto das unidades móbiles de ADOS como dos locais de doazón segue estritos protocolos de seguridade con motivo da actual situación sanitaria.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
20
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal