Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ALGO MÁIS DE MEDIO MILLEIRO DE PERSOAS SAUDARÁN HOXE AOS REIS MAGOS NO PAZO DA CULTURA
ALGO MÁIS DE MEDIO MILLEIRO DE PERSOAS SAUDARÁN HOXE AOS REIS MAGOS NO PAZO DA CULTURA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiu a Melchor, Gaspar e Baltasar, que ao longo do día de hoxe saudarán ás nenas e nenos de Narón que se acheguen ao Pazo da Cultura
Narón, 5 de xaneiro de 2021. O Pazo da Cultura acolle hoxe aos Reis Magos de Oriente, que realizan unha parada antes de proceder a entregar os agasallos ás nenas e nenos de Narón. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, acudiu esta mañá á recepción a Melchor, Gaspar e Baltasar, aos que deu a benvida no seu nome propio e no das nenas e nenos e agradeceulles que acudiran ao convite realizado dende o Concello. Máis de medio milleiro de persoas poderán ver ao longo do día de hoxe ás Súas Maxestades de Oriente e conversar con eles no Pazo da Cultura.
Á súa chegada, Baltasar agradeceu o convite e asegurou que intentarían cumprir os desexos dos menores. Pola súa banda, Gaspar sinalou que a viaxe ata Narón “foi moi longa e difícil” pero asegurou que estaban contentos de poder visitar esta noite as casas das nenas e nenos de Narón. O rei Melchor valorou tamén o recibimento que tiveron e pediu aos menores que esta noite se deitasen cedo para poder ver pola mañá os seus agasallos.
Ao longo da mañá e da tarde, de 11.00 a 14.00 e dende as 16.30 ata as 21.00 horas, os tres Reis Magos escoitarán ás nenas e nenos e preguntaranlles que tal se portaron este ano. As entradas para poder velos había que reservalas previamente e xa se esgotaron hai uns días, o que constata que a convocatoria resultou todo un éxito. As persoas con entrada acceden en grupos, acompañados polos paxes reais e cumprindo con todas as medidas sanitarias establecidas con motivo da actual pandemia, entre elas a habilitación dunha zona para entrar e outra para saír do Pazo da Cultura, evitando que os asistentes teñan que cruzarse no traxecto a percorrer.
Dende o pasado 21 de decembro puidose visitar no Pazo a Cidade dos Agasallos, un espazo habilitado especialmente para recibir os Reis Magos hoxe e para que dende o día 21 as nenas e nenos que quixesen depositasen as súas cartas, aínda poderán facelo hoxe como último día, no Correo Real que se instalou nas citadas instalacións.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal