Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ARRANCA O PUNTO DE ATENCIÓN CIDADÁ DA ESCOLA DE PARTICIPACIÓN DE NARÓN
ARRANCA O PUNTO DE ATENCIÓN CIDADÁ DA ESCOLA DE PARTICIPACIÓN DE NARÓN
O espazo, sito na Casa da Cultura, estará operativo todos os xoves do ano, de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas. Funciona con cita previa, que debe ser concertada escribindo un correo a escolaparticipacion@naron.es ou chamando ao teléfono 603865413
Narón, 7 de xaneiro de 2021. Este xoves 7 de xaneiro inicia a actividade o punto de atención cidadá da Escola de Participación do Concello de Narón. Sito na Casa da Cultura, o obxectivo deste espazo é atender presencialmente á cidadanía do municipio, e en particular ás entidades sociais, para dar apoio en calquera cuestión relativa á participación cidadá.
Os temas sobre os que poderá informar e asesorar este punto de atención cidadá son todas aquelas cuestións relativas ao Regulamento de Participación Cidadá, as convocatorias de subvencións do Concello e doutras administracións, ou cuestións relativas ao desenvolvemento da actividade en entidades, como aspectos relacionados co asociacionismo, a dinamización comunitaria, os procesos participativos, o traballo en rede, as ferramentas para a xestión e facilitación de grupos, entre outros. Este punto busca ser un espazo de fortalecemento do tecido asociativo e a cultura da participación no concello, resolvendo aquelas dúbidas que poidan dificultar o desenvolvemento da actividade nestes contextos e asesorando para a mellora continua da xestión das entidades.
A concelleira delegada da Área de Participación Cidadá, Catalina García, recordou que o espazo estará operativo todos os xoves do ano, de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas. Funciona con cita previa, que debe ser concertada escribindo un correo a escolaparticipacion@naron.es ou chamando ao 603 865 413. O horario de atención telefónica é de luns a venres, de 10.30 a 13.30 horas e de 16.30 a 19-30 horas.
Con esta acción, a Escola de Participación dá comezo ás actividades de 2021, que incluirán tamén a celebración de Consellos Territoriais, a actividade didáctica para mocidade, Plenos escolares, e xornadas formativas entre outras. Todas elas serán presentadas nos vindeiros meses. Ademais, nestas semanas continúa activa a recollida de imaxes de historia do asociacionismo, no marco da acción comunitaria “Tecendo Narón. Historias da participación”. As persoas interesadas en participar poden enviar as súas fotografías a escolaparticipación@naron.es.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal