O S.P.E.I.S. DE NARÓN LEVA A CABO TRABALLOS DE DESXEO NO TERMO MUNICIPAL
As labores seguirán realizándose na tarde de hoxe para evitar posibles problemas nesta noite por baixas temperaturas
Narón, 9 de xaneiro de 2021. O Concello de Narón, como consecuencia das baixas temperaturas que provocan a formación de xeo, está a realizar a través do servizo do S.P.E.I.S. traballos de aplicación de produtos específicos antixeo e desxeo nas rúas. Dito material é biodegradable e non corrosivo, xerando unha acción de elevación da temperatura.
As labores seguirán realizándose na tarde de hoxe para evitar posibles problemas nesta noite. Desde o Concello recoméndase á cidadanía a máxima precaución nestas circunstancias meteorolóxicas adversas.