Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ MAÑÁ NAS INMEDIACIÓNS DA PRAZA DA GÁNDARA
O persoal desta unidade permanecerá operativo en horario de mañá e tarde e a unidade desprazarase tamén a vindeira semana á cidade
Narón, 11 de xaneiro de 2021. Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase mañá á cidade. O vehículo localizarase nas inmediacións da Praza da Gándara, na rúa Pintor Soutomaior - entre as 9.30 e as 14.30 e de 15.30 a 21.00 horas-, tal e como anunciaron dende ADOS. A vindeira semana, concretamente o xoves 21 a unidade móbil regresará a Narón, ubicándose nas inmediacións do centro de saúde do Alto, na rúa 25 de Xullo, donde se poderá doar sangue de 9.30 a 14.30 e de 16.00 a 21.00 horas. As persoas que acudan deben almorzar e, no caso de xantar, esperar dúas horas antes de ir a doar. Así mesmo terán que presentar a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar ao médico no caso de que estean tomando algún medicamento. Dende ADOS recalcouse que tanto o persoal das unidades móbiles como o que traballa nos locais de doazón segue estritos protocolos de seguridade con motivo da actual situación sanitaria.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal