Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA ANUNCIA O REMATE DA INSTALACIÓN DO ALUMEADO LED NA PARROQUIA DE DOSO
A ALCALDESA ANUNCIA O REMATE DA INSTALACIÓN DO ALUMEADO LED NA PARROQUIA DE DOSO
Marián Ferreiro explicou que se substituíron na parroquia de Doso algo máis de trescentas luminarias con cargo a un investimento que rondou os 70.000 euros
Narón, 11 de xaneiro de 2021. A parroquia de Doso é a primeira de Narón en ter instalado o sistema led no alumeado público de todos os lugares que a conforman. A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou o traballo realizado e valorou o feito de que a día de hoxe “poidamos anunciar que os traballos de substitución de luminarias de vapor de sodio polas de led xa está rematado na parroquia de Doso”.
Ferreiro explicou que en conxunto nesta parroquia do termo municipal se substituíron algo máis de 300 luminarias “o que nos permitiu reducir a potencia instalada, segundo a zona, entre un 30 e un 60%”. A rexedora local aludiu ao feito de que os traballos realizados permitiron mellorar as condicións técnicas de iluminación en Doso. “O sistema de alumeado é uniforme, redúcense os gastos de mantemento, a contaminación lumínica desaparece… todo son vantaxes coa implantación da tecnoloxía led instalada nesta parroquia e que continuamos instalando noutras da zona rural e tamén nos barrios da zona urbana”.
En canto ás obras executadas en Doso, explicou que se renovaron integramente tres cadros de mando e protección e como resultado da baixada de potencia, suprimíronse dous subministros eléctricos e procedeuse a fusionar os citados alumeados noutros xa existentes. Esta acción, tal e como asegurou a alcaldesa, “permitirá acadar importantes aforros tanto no que se refire a custes fixos como no mantemento”, sinalou Ferreiro.
O Concello destinou á implantación do alumeado led na parroquia de Doso unha partida global que rondou os 70.000 euros, en parte cofinanciada pola Deputación da Coruña a través do Plan de Obras e Servizos. “Hai que destacar que boa parte destes traballos levounos a cabo persoal municipal do departamento de Servizos Básicos e Mantemento”.
O Concello de Narón avanza así nas medidas contempladas pola ONU na Agenda 2030 sobre el Desarrollo Sostenible”, na que se recollen dezasete obxectivos, entre eles os relacionados con frear o avance do cambio climático e tamén a defensa do medio ambiente. A maiores, o Consistorio forma parte dende o ano 2019 do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía promovido pola Unión Europea). “A finalidade é continuar avanzando no cumprimento dos obxectivos das políticas enerxéticas da UE para reducir as emisións de dióxido de carbono, polo que dende o goberno local seguiremos promocionando o uso de enerxías renovables e investindo en actuacións vencelladas á mellora da eficiencia enerxética, tal e como vimos facendo nos últimos anos”, recalcou a alcaldesa.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2021 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
 
Concello de Narón - Aviso legal