Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO LICITA EN 372.000 EUROS AS OBRAS DO PROXECTO DE MELLORA DA ENVOLVENTE TÉRMICA DO CNETRO DE FORMACIÓN "IRMÁS FROILAZ"
O CONCELLO LICITA EN 372.000 EUROS AS OBRAS DO PROXECTO DE MELLORA DA ENVOLVENTE TÉRMICA DO CNETRO DE FORMACIÓN
A alcaldesa, Marián Ferreiro, anunciou que o prazo de presentación de ofertas para este procedemento rematará o vindeiro 25 de xaneiro
Narón, 12 de xaneiro de 2021. O Concello licitou o proxecto de mellora da envolvente térmica do Centro de Formación “Irmás Froilaz”, na Gándara, por un importe de 372.063 euros. As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 25 ás 23.59 horas a través da Sede Electrónica do Concello –sedeelectronica.naron.es-. A alcaldesa, Marián Ferreiro, recordou que se trata dunha intervención que se cofinanciará con fondos Europeos do programa operativo Feder, tras solicitar a pertinente subvención dende o Consistorio ao Ministerio de Transición Ecolóxica.
“A actuación proxectada nestas instalacións permitirá mellorar as súas características térmicas ao actuar sobre a envolvente do edificio”, explicou a rexedora local. Substituiranse todas as planchas de fibrocemento da cuberta –e o resto de elementos desa zona- por un panel sándwich de chapa e tamén se cambiará o canalón do lado oeste por un exterior e, a maiores, disporase un sistema integral de fachada con illamento no exterior, substituiranse as ventás da fachada oeste por carpinterías e vidro máis eficientes e sanearase e pintarase o interior dos parámetros da envolvente, tal e como consta no citado proxecto.
A actuación contempla ademais melloras no interior do edificio, entre as que están a compartimentación da aula de cociña, na que se habilitará unha nova fiestra que permitirá mellorar a iluminación no espazo resultante.
A nave do Centro Municipal de Formación “Irmás Froilaz” ten unha superficie de 4.131 metros cadrados, ocupando en planta preto de 2.000 metros cadrados. Nas instalacións desenvólvense ao longo do ano varios cursos do Programa Municipal de Formación e tamén outros convocados dende o Concello en colaboración con outras administracións e tamén se ceden espazos a centros de ensino, a través dos pertinentes convenios, para o desenvolvemento de accións formativas.
“Os traballos que se van levar a cabo permitirannos realizar unha importante mellora nestas instalacións municipais e solventar algúns problemas de humidades no edificio ao mellorar as súas características térmicas”, asegurou Ferreiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2021 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
 
Concello de Narón - Aviso legal