Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS RÚAS MARIA PITA E VALLE INCLÁN, EN A GÁNDARA, LUCEN NOVO ASPECTO
Membros do goberno municipal comprobaron o resultado final destos traballos
O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e os concelleiros de Servizos Sociais Xerais e Infancia (Miguel Hermida) e Deportes, Participación Cidadá e Mocidade (Natalia Hermida), percorreron hoxe as rúas María Pita e Valle Inclán, en A Gándara, co obxecto de comprobar o estado final das mesmas logo de realizar unha importante labor de mellora. Os traballos consistiron na reposición e instalación do abastecemento, saneamento e pluviais nestas dúas rúas, que lucen xa un novo aspecto logo de haberse renovado as beirarrúas e asfaltado o seu pavimento. As obras son financiadas co cargo ó Fondo Local de Inversión –Plan E-. Ambos traballos foron realizados pola empresa Cuiña. A actuación na rúa María Pita foi adxudicada por 146.273 euros –o que supón unha baixa de 6.892€ respecto ó presuposto de licitación-, e a da rúa Valle Inclán adxudicouse por 146.291€ -cunha baixa de 6.096€-.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal