Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ O VINDEIRO MES DE FEBREIRO A EXPOSICIÓN "OS CINES PERDIDOS DE NARÓN"
A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, avanzou que a mostra estará formada por máis de medio milleiro de elementos doados ao Concello por particulares
Narón, 15 de xaneiro de 2021. O Pazo da Cultura de Narón acollerá do 1 ao 24 de febreiro a exposición “Os cines perdidos de Narón”. A alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, explicou que esta mostra é froito dun intenso traballo realizado polo técnico en Museoloxía Benjamín Hermida e no que colaboraron máis de 150 persoas que a título particular cederon boa parte do material que se poderá ver no Pazo. “Quero destacar o labor realizado para que esta exposición sexa unha realidade e nos permita coñecer boa parte da historia da sétima arte na nosa cidade, donde se chegaron a contabilizar unha decena de cines”, indicou Ferreiro. Os vellos cines de Narón foron os de Arizona (O Val); Castro (Castro); Capitol e Avenida (Sedes); Pedroso (Pedroso); Vista Alegre (Doso); Dancing, Urimare, Virgen del Mar e Colón (Santa Icía, A Gándara e Xuvia). Hermida avanzou que na exposición se poderán ver preto de medio milleiro de pezas expositivas e máis dun cento de soportes con diverso material. Fotografías, proxectores, carteleiras, revistas de cine, cadros, tacos de entradas, sistemas de son, carretes de películas, sillas, focos, butacas, discos… forman parte dese material que se poderá ver no Pazo da Cultura. A mostra organizouse como se se tratase dun “túnel do tempo”, de xeito que as persoas que a visiten poderán ver en primeiro lugar material do máis antigo e, a medida que avanzan na mostra, irán vendo o máis actual. “Con esta exposición recuperamos unha parte importante da historia de Narón, concretamente datada entre os anos 1934 e 1990”, apuntou a alcaldesa, que destacou que “a práctica totalidade do material que se poderá ver doárono os seus anteriores propietarios ao Concello”. Ferreiro subliñou que “o feito de que persoas particulares donen ou cedan ao Concello este material permitiunos organizar esta exposición, polo que quero agradecer públicamente a súa colaboración totalmente desinteresada para que todas e todos poidamos apreciar e valorar esta parte da nosa historia”. Así mesmo, a alcaldesa recalcou que “a doazón ou cesión do material é fundamental, pero tamén o intenso labor que dende o ano 2018 realizou Hermida, que se encargou do traballo de campo e de entrevistar a todas esas persoas que colaboran nesta iniciativa e fixeron posible organizar esta exposición na nosa cidade”. A mostra é resultado de entrevistar a máis de 150 persoas de diferentes familias, propietarias de material e tamén profesionais que traballaron nos cines, como proxectistas ou porteiros, entre outros. A maiores das pezas que poderán verse no Pazo tamén o vindeiro mes se publicará o libro do mesmo nome, “Os cines perdidos de Narón”, editado polo Concello e no que se explica a historia de cada un dos dez cines que chegou a haber en Narón.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal