Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA NOS VIAIS DA FASE I DO POLÍGONO INDUSTRIAL DE RÍO DO POZO
O vindeiro domingo, día 17, cortarase o subministro na zona entre as 8.00 e as 17.00 horas, tal e como indicou o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla
Narón, 15 de xaneiro de 2021. O edil de Servizos, Ibán Santalla, anunciou un corte no subministro de auga que a empresa Cosma fará efectivo o vindeiro domingo, día 17, na Fase I do polígono industrial de Río do Pozo. O corte afectará ás avenidas e rúas localizadas nesa zona do citado parque empresarial naronés: Gonzalo Navarro, Jesús Fernández Pita, Condesa Cavalcantti, Torneiros e Ceramistas. O subministro estará interrompido dende as 8.00 ata as 17.00 horas, segundo as previsións da empresa Cosma, e a medida responde á necesidade de realizar tarefas de mantemento na tubaría xeral de abastecemento. O edil de Servizos explicou que os traballos se levarán a cabo o domingo “para evitar maiores molestias na zona, donde se asentan varias empresas”. O concelleiro naronés solicitou de antemán desculpas polas molestias que este corte no subministro poida ocasionar durante a xornada do domingo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal