Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS PROFESIONAIS DO SPEIS CONTINÚAN REALIZANDO TAREFAS DE MANTEMENTO NOS VIAIS DO TERMO MUNICIPAL DEBIDO ÁS BAIXAS TEMPERATURAS
O concelleiro responsable da área do Speis, Román Romero, valorou o traballo que se está realizando para previr posibles riscos para condutores e peatóns
Narón, 16 de xaneiro de 2021. Profesionais do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (Speis) de Narón, continúan realizando tarefas de mantemento nos viais do termo municipal debido ás baixas temperaturas rexistradas nos últimos días. Nalgunhas vías da zona rural e urbana da cidade acumúlase a xeada, o que representa un perigo para o tránsito de vehículos e tamén para o paso de persoas. O concelleiro responsable do Speis, Román Romero, explicou que “os traballos que se levan a cabo teñen unha finalidade preventiva, para evitar posibles riscos precisamente por esas baixas temperaturas naquelas zonas que así o precisan, sendo os propios profesionais do Speis os que valoran as necesidades de actuación en cada xornada”. Para avanzar nestas tarefas, ao traballo que xa vén realizando o persoal do Speis esparcindo en determinados puntos produtos que provoquen un aumento térmico para evitar o xeo súmase agora o que se leva a cabo cun remolque esparcidor de sal que se acopla a un dos vehículos do servizo e que permite realizar esta tarefa dun xeito máis rápido e chegar a máis zonas de risco. O concelleiro naronés explicou que “ten unha capacidade de 400 kilos e esparce nunha distancia de entre 1 e 16 metros, o que supón un avance importante á hora de poder chegar antes a cada punto no que se precise actuar”. “A través deste sistema reduciremos o perigo que representa o xeo, e no caso de producirse tamén as nevadas, nos viais do termo municipal”, asegurou o edil. Romero incidiu en que “aínda realizando este tipo de traballos é preciso que tanto os condutores como os peatóns extremen ao máximo as precaucións ante este tipo de situacións meteorolóxicas adversas”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal