Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO XA TEN DESEÑADAS AS SOLUCIÓNS PARA QUE A TDT CHEGUE A TÓDALAS PARROQUIAS DE NARÓN
A Tenente de Alcalde, Angeles Díaz, explicou as técnicas para acceder á sinal de televisión dixital no rural
Narón, 25 de Agosto de 2009.- A Concelleira de Promoción Económica e primeira Tenente de Alcalde, Angeles Díaz, ofreceu hoxe unha rolda de prensa para falar da cobertura da Televisión Dixital Terrestre (TDT) na zona rural de Narón. Segundo explicou a edil, a Xunta de Galicia remitiu o pasado 17 de agosto ó Concello unha carta na que se informaba de que o goberno autonómico tiña previsto cumplir cos plazos do coñecido “apagón analóxico”, o que suporía que en decembro de este ano a sinal de televisión comenzaría a recibirse en tódolos fogares unicamente a través do decodificador dixital. Angeles Díaz asegurou que o Concello firmará coa Xunta un convenio, en virtude do cal o goberno municipal realizará a obra civil necesaria para que os veciños que aínda non dispoñen de cobertura da TDT poidan acceder á mesma no prazo establecido pola Xunta. O Concello polo tanto encargaríase da colocación dos elementos exteriores –antenas ou repetidores- que fosen necesarios para as zonas “de sombra”. Logo de ter realizado un estudio de cobertura da TDT por parte de técnicos da Xunta –desprazados a Narón o pasado 1 de xullo-, os puntos nos que se rexistraron problemas de cobertura son os seguintes lugares do rural: Ferrerías, Pedroso, O Val (zonas de Rodeiro e Pradelo), e Doso (As Cerdeiras). En total suman aproximadamente 300 vivendas as que deberían realizar algún tipo de axuste para poder recibir correctamente a sinal dixital da televisión. Para estos veciños, segundo explicou a Concelleira de Promoción Económica, o Concello propón diferentes solucións dependendo da zona na que vivan. Así, en Ferrerías e Pedroso bastaría con reordenar e reorientar as antenas de televisión, mentras que en O Val habería que instalar un microemisor –entre Concello e a Xunta- e no caso de Doso tería que facerse vía satélite. Na zona de As Cerdeiras, pertencente a esta parroquia, resulta moi complicada a chegada da sinal de TDT, polo que haberá que instalar nos domicilios un aparato cunha clave facilitada pola Xunta, para poder recibir a sinal vía satélite. Ante a inminente transacción de analóxico a dixital, a concelleira Angeles Díaz explicou que “dado que este cambio provoca bastante inquedanza, o Concello realizará unha xornada informativa na que se contará coa intervención do secretario xeral para os Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro, quen informará ós veciños de Narón sobre esta cuestión”. Esta charla terá lugar, segundo a edil, a mediados ou finais do mes de setembro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal