Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA RECIBIU NO CONCELLO AOS REPRESENTANTES DA ASOCIACIÓN "CINECLUBE SERIE B"
Marián Ferreiro reuniuse con Alberto Pena e Anabel Valera, presidente e secretaria, respectivamente, da citada entidade constituída en Narón
Narón, 18 de xaneiro de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiu no Concello a Alberto Pena e Anabel Valera, presidente e secretaria, respectivamente do Cineclube Serie B, unha nova asociación naronesa que aposta por impulsar ao longo deste ano unha gran variedade de actividades vencelladas á sétima arte. Ferreiro agradeceu a colaboración que esta entidade está prestando para organizar a exposición “Os cines perdidos de Narón”, que se poderá ver no Pazo da Cultura do 1 ao 24 de febreiro. Así mesmo, a rexedora local abordou cos integrantes da asociación o pasado cinematográfico da cidade, donde chegou a haber dez cines repartidos pola zona urbana e rural. A maiores, indicou, “o pasado verán programamos unhas sesións de autocine que lamentablemente debido ao mal tempo non puidemos desenvolver ao completo pero que tiveron un gran éxito”. Pola súa banda, Alberto Pena e Anabel Valera explicaron que entre as actividades que pretenden impulsar nos vindeiros meses están ciclos de cine telemáticos, charlas e coloquios con profesionais do sector, pequenas mostras itinerantes, actividades enfocadas ao ámbito educativo e para potenciar o cine en galego e rodado en Galicia, entre outras. A alcaldesa felicitou aos integrantes do Cineclube Serie B por constituír esta asociación na cidade e ofreceu apoio institucional, na medida do posible, para coorganizar iniciativas vencelladas coa sétima arte en Narón. As persoas que desexen contactar cos representantes da entidade poden facelo a través do correo electrónico: cineclubeserieb@gmail.com, do teléfono 604 035 341 e tamén polas redes sociais Instagram, Facebook e Twitter: @cineclubeserieb.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal