Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE DESPRAZARASE ESTE XOVES Á ZONA DO ALTO
O vehículo da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará o día 21 nas inmediacións do centro de saúde do Alto e o vindeiro 25 de xaneiro nas proximidades da cooperativa do Val
Narón, 19 de xaneiro de 2021. Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará estacionada o vindeiro xoves, día 21, nas inmediacións do centro de saúde do Alto, na rúa 25 de Xullo, donde se poderá doar entre as 9.30 e as 14.30 e de 16.00 a 21.00 horas. Dende ADOS avanzaron que tamén se poderá doar sangue nunha das unidades móbiles o vindeiro luns, día 25, nas inmediacións da cooperativa do Val, donde permanecerá o vehículo en horario de mañá, entre as 9.30 e as 14.30 horas. Para poder doar sangue é preciso almorzar previamente e, no caso de xantar, esperar dúas horas ata acudir a realizar a extracción. Unha vez na unidade móbil deberase presentar a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar ao médico no caso de que estea tomando algún medicamento. O persoal das unidades móbiles de ADOS e dos locais de doazón segue estritos protocolos de seguridade con motivo da actual situación sanitaria derivada da Covid-19.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal