Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A COMPAÑÍA QUE CONTAS? ESTREARÁ ESTA FIN DE SEMANA NO PAZO A OBRA TEATRAL "A VOZ TOMADA"
A estrea desta peza terá lugar o venres 22 ás 20.30 horas e o sábado 23 ás 20.00 e as entradas poden adquirise no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura
Narón, 19 de xaneiro de 2021. A compañía teatral Que contas? estreará esta fin de semana no Pazo da Cultura a obra “A voz tomada”, escrita e dirixida por Alfonso Calleja, un vallisoletano afincado en Narón dende hai varios anos. A obra poderá verse este venres día 22 ás 20.30 horas e o sábado 23 ás 20.00 e as entradas están á venda no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es. O prezo é de 9,50 para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). A obra desta nova compañía teatral céntrase na historia doméstica dun individuo, os seus pais e a súa filla, abordando directamente a relación entre eles. O autor do texto, e algúns dos integrantes do elenco desta peza, formáronse na Escola de Teatro de Narón. O espectáculo, de aproximadamente hora e media de duración, comeza mercando a entrada, incluídos os actores, que tamén estarán no patio de butacas, na escuridade, ata que unha parte do escenario se ilumine.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal