Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
MÁIS DE MEDIO CENTO DE PERSOAS PODERÁN RECOLLER OS DIPLOMAS DE CURSOS FORMATIVOS
MÁIS DE MEDIO CENTO DE PERSOAS PODERÁN RECOLLER OS DIPLOMAS DE CURSOS FORMATIVOS
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, destacou que os nove cursos dos que se entregan os diplomas supuxeron algo máis de 2.200 horas formativas para persoas da cidade
Narón, 19 de xaneiro de 2021. Un total de 61 persoas que realizaron cursos do Programa Municipal de Formación e Cemit que remataron nos meses de novembro e decembro do pasado ano poden recoller os seus diplomas. A concelleira responsable da área, Natalia Hermida, recordou que “debido á actual situación sanitaria non podemos entregalos conxuntamente, polo que xa se citou ao alumnado para entregarllos individualmente”.
Os 48 diplomas correspondentes ás accións formativas de Carnizaría-Chacinaría; Xestión de almacén-Loxística; Reposición e caixa; Produción ecolóxica e comercialización; Servizos básicos de restaurante e bar e Instalación de parqué e tarima. Lixado e vernizado entregaranse nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara.
En canto aos restantes 13 diplomas dos cursos Cemit de Preparación para o CODIX, Trámites en Sede Electrónica e Ofimática Básica, realizados na Aula Cemit de Xuvia, entregaranse no Servizo Sociocomunitario, no primeiro andar do Concello.
“En total impartíronse a través deses cursos preto de 2.200 horas de formación a persoas de Narón, ofrecendo unha oferta moi diversificada e que abrangue diferentes sectores e tamén nalgúns casos con formación práctica para o que novamente agradecemos dende o Concello a colaboración das empresas”, subliñou a edil naronesa.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Marzo 2021 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal