Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ENVÍA AS NOTIFICACIÓNS PARA REQUIRIR A CORRECCIÓN DE ERROS E DOCUMENTACIÓN PRECEPTIVA NAS SOLICITUDES DO PROGRAMA "PEL REACTIVA"
Dende o Consistorio incidiuse na importancia de realizar canto antes estes trámites para axilizar o procedemento e poder publicar a concesión provisional destas axudas
Narón, 19 de xaneiro de 2021. O Concello procedeu a remitir as notificacións para requirir a emenda de erros ou aportación de documentación nas solicitudes realizadas para obter as subvencións do programa “PEL Reactiva-Concello de Narón”, impulsado a través da Deputación da Coruña en colaboración co Consistorio. As persoas que teñan que realizar algún destes trámites recibirán un correo electrónico no que se lles indica o número do expediente, o CIF ou NIF, segundo o caso, e as causas a enmendar, tal e como se indicou dende o goberno local. Do total das 484 solicitudes rexistradas no Consistorio naronés terán que emendar a documentación 242, polo que se incide en que unha vez que lles chegue o aviso accedan canto antes á notificación e resolvan o requirimento. O persoal do Concello estará a disposición telefónica para aclarar calquera dúbida cos representantes desas empresas que teñen que facer as correccións, ás que lles chegará o mencionado aviso. É importante que se emenden canto antes os erros detectados, e se presente a documentación requirida, para así poder axilizar o procedemento e proceder a publicar a notificación da concesión provisional destas axudas. A Deputación da Coruña destina a estas axudas, encamiñadas a paliar a crise da Covid-19, unha contía global de 457.292, 79 euros para microempresas e persoal autónomo da cidade con ou sen empregados/as ao seu cargo (o cadro de persoal non pode superar os 9 traballadores/as). Nas bases estipulábanse os requisitos establecidos para poder optar a estas subvencións, por importe de 1.500, 2.000, 2.500 ou 3.000 euros. O Concello de Narón foi o segundo municipio da provincia de menos de 50.000 habitantes en tramitar máis axudas do “PEL Reactiva-Concello de Narón”, cun total de 484 nunha cidade na que se contabilizan un total de 2.353 empresas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal