Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AVANZAN OS TRABALLOS DE REFORZO DO PETO DA CUBERTA DO CENTRO COMUNITARIO MANUELA PÉREZ SEQUEIROS
O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, destacou o investimento realizado e avanzou que os traballos estarán rematados a finais do vindeiro mes de febreiro
Narón, 20 de xaneiro de 2021. Os traballos de reparación do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros avanzan a bo ritmo. Así o anunciou o edil de Servizos, Ibán Santalla, que recordou que a intervención se adxudicou a finais do pasado ano, dando comezo os traballos previstos no mes de decembro. “A actuación programada na citada construción permitirá reforzar o peto da cuberta do edificio, que se recubrirá cunha estrutura metálica en forma de miniondas, o que suporá un investimento duns 37.000 euros”, asegurou o edil naronés. Santalla explicou que en setembro de 2020 “xa levamos ao pleno unha partida global na que se incluía a intervención que se está acometendo no edificio, porque consideramos que se trata dunha obra necesaria e que complementa a outras actuacións que se impulsaron dende o goberno local nestas mesmas instalacións municipais para mellorar a calidade dos servizos e a seguridade nas instalacións tras decretarse a actual crise sanitaria”. Ao respecto o concelleiro de Servizos indicou que tras decretarse o estado de alarma “adaptáronse as salas e ampliouse a superficie dalgunha delas para ofrecer ás usuarias e usuarios das citadas instalacións as máximas garantías de seguridade á hora de desenvolver as actividades que se programaron neste centro”. Esas tarefas, tal e como recordou, supuxeron ás arcas locais un desembolso que rondou os 14.000 euros. Tralo parón debido á tempada de Nadal no sector da construción este mesmo mes retomáronse os traballos para reforzar o peto da cuberta, unha actuación que, segundo apuntou Santalla, estará rematada a finais do vindeiro mes de febreiro.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal