Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA AS ACTIVIDADES DIRIXIDAS A PERSOAS MAIORES
ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA AS ACTIVIDADES DIRIXIDAS A PERSOAS MAIORES
Ofértanse unha variedade de programas terapéuticos, artísticos, culturais, de formación, e lúdicos.
Narón, 26 de Agosto de 2009.- A Concellería de Maiores de Narón, dirixida pola edila Mª del Carmen Espada, mantén aberto o prazo de matrícula para participar nas actividades do programa municipal de atención ás persoas maiores 2009-2010. Esta convocatoria pecharase no momento en que se cubran as prazas dispoñibles, que varían dependendo da actividade a realizar.

A oferta de actividades para Maiores do Concello de Narón é a seguinte:

-Actividades de carácter terapéutico: ximnasia rehabilitadora, ioga, obradoiro de memoria, e obradoiro de psicomotricidade.

-Actividades artísticas (ocupacionais): obradoiros de manuais e obradoiros de labores.

-Actividades de carácter cultural: grupo de publicacións e exposicións, lecturas vivas e debates.

-Actividades de carácter formativo: curso de comunicación, apoio á informática, obradoiros formativos, e obradoiros de lecto-escritura.

-Actividades de carácter lúdico: festivais, bailes latinos e de animación, guateque latino, e cancións de animación.

Ademáis, a Concellería de Maiores promove outro tipo de iniciativas coma as actuacións do grupo de Cancións e do grupo de Baile en diferentes lugares do concello –a modo de obradoiros interactivos- coma as Escolas Infantís Municipais, as residencias xerontolóxicas, e os clubes e asociacións do Concello. Tamén se realizan murais conmemorativos, coincidindo cunha data sinalada en cada mes.

Todas estas actividades teñen como único obxectivo, segundo apuntou a Concelleira da área, Mª del Carmen Espada, “mellorar a calidade de vida das persoas maiores, promocionando o envellecemento activo e propiciando a participación dos maiores en tódolos ámbitos da vida social, poñendo en valor tódalas súas aportacións”, declarou.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal