Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS DO INEGA PARA FOMENTAR O USO DE ENERXÍAS RENOVABLES
ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS DO INEGA PARA FOMENTAR O USO DE ENERXÍAS RENOVABLES
O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, anunciou que estas axudas se dirixen a empresas do sector industrial e de servizos e tamén ás de produción agrícola primaria
Narón, 22 de xaneiro de 2021. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, recordou que o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) convoca dúas subvencións encamiñadas a incentivar o uso e coñecemento das enerxías renovables. Unha delas, que se poderá solicitar ata o 15 de outubro deste ano é para realizar auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos e a outra, con prazo de solicitude ata o 15 de febreiro deste ano, debe destinarse a proxectos de equipamentos de aproveitamentos de enerxías renovables e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria.
En canto ás dirixidas ás empresas dos sectores industrial e de servizos, a información ao completo sobre as mesmas pode consultarse a través do enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IN417Y&ano=2021&numpub=1&lang=gl e as reservadas para empresas de produción agrícola primaria en: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IN421L&ano=2021&numpub=1&lang=gl. O obxecto destas convocatorias, as obrigas dos solicitantes e os requisitos para poder acceder ás mesmas detállanse na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, a través dos citados enlaces.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2021 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal