Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN EN TRES CURSOS DE NOVAS TECNOLOXÍAS QUE SE IMPARTIRÁN NA AULA CEMIT DE XUVIA
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN EN TRES CURSOS DE NOVAS TECNOLOXÍAS QUE SE IMPARTIRÁN NA AULA CEMIT DE XUVIA
A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, indicou que as inscricións tramitaranse a través da plataforma Cemit
Narón, 25 de xaneiro de 2021. A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, anunciou a apertura do prazo de inscrición en tres accións formativas que se impartirán a partir dos vindeiros meses de febreiro e abril na Aula Cemit de Xuvia. As persoas interesadas en anotarse –están abertas á cidadanía en xeral- deben facelo na plataforma Cemit, a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/centro/48.
Os cursos que se impartirán son: Ofimática, curso preparatorio exame Codix (236 horas), do 4 de febreiro ao 30 de abril; Internet e informática básica (156 horas), do 4 de febreiro ao 31 de marzo e Xestión Recursos Humáns (80 horas), do 5 ao 30 de abril. Cada unha destas accións formativas diríxese a un máximo de nove persoas –cumprindo os protocolos derivados da Covid-19- e as prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Ao anotarse na plataforma Cemit recíbese unha mensaxe de admisión, se ben a partir da petición número nove (superando a oferta) considéranse como reservas, polo que poderán realizar o curso no caso de que algunha das persoas que se anotou con anterioridade cause baixa e así se lle comunicaría á persoa que pasase a ocupar a praza. Todas as persoas admitidas en cada unha das accións formativas serán avisadas telefonicamente, días previos ao inicio do curso.
O curso de Ofimática, preparatorio exame Codix desenvolverase en quenda de mañá, entre as 9.30 e as 13.30 horas, do 4 de febreiro ao 30 de abril. Sistema operativo, procura de información; aplicacións informáticas de tratamento de textos; de follas de cálculo, de bases de datos relacionais e para presentacións forman parte dos contidos.
As clases de Internet e informática básica desenvolveranse do 4 de febreiro ao 31 de marzo, en horario de 16.00 a 20.00. O alumnado abordará temas como a fundamentación informática, que é un computador, os seus elementos e adaptacións, introdución ao sistema operativo, utilizador dun procesador de texto, internet, web 2.0 e introdución á administración electrónica.
Finalmente, o curso de Xestión RRHH, que terá lugar do 5 ao 30 de abril de 16.00 a 20.00 horas, ten entre os seus contidos: definición de posto de traballo e de perfís laborais, competencias e formación, normativa laboral, Seguridade Social e cotizacións, liquidacións de cotizacións, e aplicacións informáticas de xestión de RRHH.
O Concello mantén o recoñecemento de Aula de Referencia pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Xunta de Galicia), concedido pola intensa actividade que se desenvolve nestas instalacións ao longo do ano, segundo recordou a concelleira de Novas Tecnoloxías. Natalia Hermida animou á veciñanza a anotarse nesta nova convocatoria formativa “que suporá ofertar na cidade un total de 472 horas máis de formación que se complementan coas accións formativas do Programa Municipal de Formación, xa iniciado este mes no centro Irmás Froilaz, na Gándara”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2021 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal