Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO IMPULSA NOVAS MEDIDAS PARA FAVORECER A INSTALACIÓN DE TERRAZAS ENTRE O SECTOR HOSTALEIRO
O CONCELLO IMPULSA NOVAS MEDIDAS PARA FAVORECER A INSTALACIÓN DE TERRAZAS ENTRE O SECTOR HOSTALEIRO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, recordou ademais que os locais de hostalería están exentos este ano do pago da taxa municipal
Narón, 25 de xaneiro de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu esta mañá a Xunta de Portavoces celebrada por videoconferencia e na que se abordou a proposta de modificación da disposición transitoria 2ª da Ordenanza municipal reguladora das terrazas dos locais de hostalería. Ferreiro explicou que “o goberno local, ante a situación sanitaria na que nos atopamos e que dende hai meses condiciona o funcionamento do sector hostaleiro, máis aínda coas novas restricións a nivel autonómico que mañá entran en vigor pola pandemia, impulsará novas medidas de apoio ao sector”. A rexedora local indicou que se ofrecerán aos hostaleiros novas opcións á hora de instalar as terrazas ante o actual escenario derivado da Covid-19, para que poidan utilizalas aínda en condicións meteorolóxicas adversas.
Ferreiro explicou que se permitirá cubrir as terrazas, no caso de así solicitalo os responsables dos locais, con outro tipo de elementos “co fin de flexibilizar a normativa que estaba en vigor nesta materia”. En base aos cambios nesa normativa as terrazas poderán instalarse, polo tanto, sen cubertas nin pérgolas ou con algún destes elementos. Así mesmo, autorízase a colocación nestes espazos de parasoles ou toldos, xardineiras e outros elementos de mobiliario desmontables, así como barrís ou toneis.
En maio do pasado ano o pleno do Concello aprobou inicialmente a modificación da ordenanza municipal reguladora das terrazas de locais de hostalería. Con esta modificación abriuse a posibilidade de que habiliten como terrazas zonas de aparcadoiro ubicadas fronte aos establecementos e ampliar a superficie das xa autorizadas, así como instalar outras novas en espazos libres privados ou públicos peonís, sempre cumprindo unha serie de requisitos.
“Todos estes cambios adoptáronse tras abordar a actual situación con representantes do sector hostaleiro da cidade, cos que mantivemos varias xuntanzas para tratar de establecer unha serie de medidas que poidan favorecer o desenvolvemento do seu traballo nestes tempos de pandemia”, asegurou Ferreiro.
A alcaldesa recordou ademais que “tal e como anunciamos dende o goberno local, este ano todos os locais de hostalería da cidade estarán exentos de pagar as taxas das terrazas, unha medida que consideramos que contribuirá a paliar a grave situación que atravesa o sector dende hai case un ano”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2021 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal