Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A XUNTA ELEVA Á TOTALIDADE DE CONCELLOS DE GALICIA AO NIVEL EXTREMO DE RESTRICIÓNS
A XUNTA ELEVA Á TOTALIDADE DE CONCELLOS DE GALICIA AO NIVEL EXTREMO DE RESTRICIÓNS
As novas medidas entrarán en vigor na madrugada de mañá martes ao mércores 27 e manteranse inicialmente durante tres semanas
Narón, a 25 de xaneiro de 2021. O comité clínico reuniuse esta mañá e acordou, tal e como se informou dende a Xunta de Galicia, elevar ao nivel extremo de restriccións á totalidade de concellos galegos. A decisión responde á evolución actual da pandemia e as novas medidas entrarán en vigor na madrugada de mañá martes ao mércores 27 e inicialmente estarán activas ata a madrugada do 16 ao 17 de febreiro.
A través destas novas restricións trátase de limitar ao máximo a interacción social, polo que non poderán realizar actividades conxuntas persoas que non sexan convivintes. Os 313 concellos galegos permanecerán pechados perimetralmente a nivel individual, estando só permitido desprazarse ao posto de traballo, centros sanitarios ou de ensino e coidar de persoas maiores dependentes.
En canto ás visitas a enfermos ingresados nos hospitais, quedan interrompidas salvo para cuestións de dependencia e o toque de queda manterase ás 22.00 horas.
No sector hostaleiro os locais deberán permanecer pechados, podendo só ofrecer servizo a domicilio e para comedores de empresas e no sector comercial os non esenciais deberán pechar ás 18.00 horas e os centros comerciais non poderán abrir as fins de semana.
As actividades consideradas esenciais (alimentación, farmacias, talleres de reparación de vehículos...) poderán abrir ata as 21.30 horas e, a nivel xeral, suspenderase toda actividade cultural (museos, bibliotecas, cines, espectáculos) e deportiva (ximnasios e competicións agás as de ámbito nacional e internacional). Haberá que usar sempre máscara nos deportes individuais ao aire libre (que deben realizarse dentro do propio concello), incluso para correr.
No que respecta ás actividades dos centros sociais e comunitarios deberán suspenderse e pecharán os clubs de xubilados, mentres que poderán abrir as residencias da terceira idade e os centros de día.
Así mesmo, no ámbito educativo, o curso universitario retrasará a súa reanudación ata o 8 de febreiro e manterá a actividade non presencial ata mediados dese mes.
Dende o Concello naronés incídese na importancia de cumprir exhaustivamente todas as indicacións sanitarias (utilizar máscara, lavado frecuente de mans e mantemento da distancia de seguridade) para poder frear entre todas e todos o avance de contaxios pola Covid-19.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2021 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal