Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO LEVARÁ MAÑÁ AO PLENO UNHA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL EN APOIO AOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DA EMPRESA GALICIA TEXTIL SA
O CONCELLO LEVARÁ MAÑÁ AO PLENO UNHA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL EN APOIO AOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DA EMPRESA GALICIA TEXTIL SA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu a xuntanza na que tamén participaron portavoces dos grupos políticos da corporación local e representantes do plantel da empresa
Narón, 27 de xaneiro de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu esta tarde unha reunión na que tamén participaron portavoces dos grupos políticos da corporación local e representantes dos traballadores e traballadoras da empresa Galicia Textil SA., ubicada no concello de Neda, no límite con Narón, e que recentemente anunciou a aplicación dun Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que afecta ao seu plantel. Os representantes do Concello naronés acordaron levar ao pleno que se celebrará mañá xoves ás 19.00 horas unha declaración institucional en apoio ás empregadas e empregados de Galicia Textil SA.
No documento maniféstase o apoio da corporación local ao plantel da citada compañía nas súas reivindicacións ante a posible aplicación do anunciado ERE. Así mesmo, tamén se respaldará ao colectivo na súa reclamación tanto á Xunta de Galicia como ao Goberno central para que interveñan, no marco das súas competencias, na resolución deste conflicto, asegurando a continuidade da fábrica e o mantemento de todos os postos de traballo.
A empresa Galicia Textil constituíuse no ano 1982 e a súa actividade céntrase na fabricación de tecidos e fibras textis e as súas mezclas. Este mes os responsables da compañía presentaron un ERE cuxa aplicación suporía o despido de 20 dos 36 traballadores/as, xustificado nunha suposta inestabilidade e inviabilidade económica. Os representantes dos/as traballadores/as criticaron a postura da empresa e a decisión trasladada de aplicar o ERE tendo en conta, recalcan, que dende a súa constitución aproveitouse dun ben público, o río Xuvia, para o proceso de fabricación. Así mesmo, denuncian que os despidos se veñen realizando paulatinamente nos últimos anos, aludindo ao proceso de prexubilacións aplicado no ano 2019 e que xa supuxo unha redución de persoal.
Na declaración institucional recálcase que a medida que pretende adoptar a empresa “suporá incidir aínda máis na profunda crise industrial e económica á que se ven abocadas as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal tralo anuncio de peche noutros sectores”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Marzo 2021 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal