Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ACTIVA UN OPERATIVO ESPECIAL DE VIXILANCIA DEBIDO AO AUMENTO DO CAUDAL DOS RÍOS POLAS PRECIPITACIÓNS
O CONCELLO ACTIVA UN OPERATIVO ESPECIAL DE VIXILANCIA DEBIDO AO AUMENTO DO CAUDAL DOS RÍOS POLAS PRECIPITACIÓNS
O concelleiro responsable do SPEIS, Román Romero, fixo un chamamento á cidadanía para extremar as precaucións e evitar posibles incidentes
Narón, 28 de xaneiro de 2021. O Concello activou un operativo especial de vixilancia no cauce do río Xuvia debido ás persistentes precipitacións dos últimos días, que provocaron unha considerable subida no seu caudal especialmente nos tramos da zona da ruta ao muíño de Pedroso dende Xuvia. Persoal do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (SPEIS) realizou tarefas de sinalización nos puntos de acceso á citada ruta e tamén outros considerados máis sensibles ao longo do cauce fluvial, tal e como indicou o concelleiro responsable da área, Román Romero.
O edil naronés explicou que, a maiores, “tamén se están realizando tarefas de control nos puntos identificados como “de risco” no Plan de Actuación Municipal ante inundacións, aínda que polo momento non se requeriron actuacións concretas nesas zonas”. Entre eses puntos están os núcleos de Freixeiro, por donde pasa o río co mesmo nome, e tamén A Solaina, por donde discurre un tramo do río Inxerto.
Romero realizou un chamamento á cidadanía para “extremar as precaucións no caso de que teñan que percorrer tramos próximos a ríos” e recomendou consultar os partes meteorolóxicos e as alertas vencelladas a posibles subidas nos caudais para evitar incidentes.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal