Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
TEGA, PSOE E BNG APROBAN A PARTICIPACIÓN DO CONCELLO EN PLANS PROVINCIAIS QUE PERMITIRÁN INVESTIR NA CIDADE 2,2 MILLÓNS DE EUROS
TEGA, PSOE E BNG APROBAN A PARTICIPACIÓN DO CONCELLO EN PLANS PROVINCIAIS QUE PERMITIRÁN INVESTIR NA CIDADE 2,2 MILLÓNS DE EUROS
A corporación local aprobou por unanimidade a modificación na ordenanza de terrazas para flexibilizar a súa instalación e tamén se levou ao pleno unha declaración institucional en apoio ás reivindicacións das traballadoras e traballadores da empresa Galicia Textil SA
Narón, 28 de xaneiro de 2021. A corporación local aprobou esta tarde na sesión plenaria cos votos do grupo de goberno (TEGA e PSOE) e dos edís do BNG a participación do Concello no POS+ 2021 e no POS+ Adicional 2021, o que suporá materializar na cidade investimentos por un importe conxunto de 2,2 millóns de euros e tamén destinar unha partida de algo máis de 340.000 euros ás áreas de Acción Social e Dependencia. Sobre este último apartado o edil de Facenda, Román Romero, asegurou que “o contrato do Servizo de Axuda no Fogar é vital e queremos reforzar a súa financiación, polo que destinaremos ao mesmo parte dos fondos provinciais”.
As actuacións que cofinanciarán as administracións provincial e local son as obras de acondicionamento do local para o Club de piragüismo de Narón e do edificio para fomento e apoio de actividades deportivas na Gándara; as de saneamento, ampliando a rede no lugar de Pereiro (Sedes) e no Camiño da Fonte e a reparación da capa de asfalto de varios viais da zona rural. Con cargo ás dúas administracións tamén se executarán as obras de accesibilidade e mellora da rúa Marcial Calvo; acondicionaranse o edificio de servizos na Feira do Trece (Sedes) e o local social do Alto; e mellorarase a accesibilidade do edificio do xulgado de Narón (Xuvia). O edil de Facenda indicou que se trata de “obras comprometidas coas veciñas e veciños de Narón e que responden a criterios de necesidade, decidindo apostar nesta ocasión por estes investimentos”. O edil recalcou que “os investimentos non paran aquí e o remanente ímolo destinar a realizar outras actuacións que se precisan neste concello”. Na mesma liña se pronunciou a alcaldesa, Marián Ferreiro, que recordou que “este ano debido ás condicións extraordinarias permítennos utilizar os remanentes e ímolo facer. Para realizar outras obras pendientes non chega co POS e por iso imos incorporar unha cantidade importante de remanentes para poder acometelas, atendendo ás achegas que nos fan as veciñas e veciños de Narón”.
A maiores, na sesión plenaria saíu adiante por unanimidade a modificación da ordenanza municipal reguladora das terrazas dos locais de hostalería. O pasado mes de maio o Concello modificou este documento para incluír unha serie de melloras de apoio ao sector e que agora se ampliarán ofrecendo aos hostaleiros novas opcións para poder instalar as terrazas dos seus locais e que poidan utilizalas aínda en condicións meteorolóxicas adversas en canto así o permitan as medidas sanitarias en vigor pola Covid-19, segundo explicou o edil de Urbanismo, Manuel Ramos. Así mesmo, o edil de Promoción Económica, David Pita, indicou que esas variacións se realizaron dialogando e consensuando cos representantes do sector hostaleiro e avanzou que o goberno local continuará traballando na mesma liña.
O edil de Urbanismo apuntou que os hostaleiros poderán cubrir as terrazas no caso de consideralo oportuno con diferentes elementos, o que supón unha flexibilización da normativa que estaba en vigor. As terrazas poderán instalarse sen cubertas nin pérgolas ou con algún destes elementos e tamén se permitirá colocar parasoles ou toldos, xardineiras e outros elementos de mobiliario desmontables.
Na sesión deuse tamén conta dos informes do cumprimento de pago de obrigas e do período medio de pago a proveedores do cuarto trimestre de 2020, que foi de 16,61 días no caso do Consistorio no último trimestre do ano.
No apartado de mocións aprobouse a presentada polo PP solicitando á Deputación da Coruña que ceda a titularidade ao Concello de Narón das estradas provinciais que discorren pola zona urbana. O edil de TEGA, Guillermo Sánchez Fojo, asegurou que a moción “chega tarde” e recordou que esa solicitude xa se tramitou tanto no actual mandato como no de 2011-2015, cando gobernaba o PP na Deputación da Coruña. Así mesmo, Sánchez Fojo instou aos populares naroneses a facer o propio no próximo pleno para que as estradas da Xunta de Galicia pasen tamén a ser de titularidade municipal. Esta petición á Xunta xa se formulou dende o goberno local pero non se atendeu, segundo recalcou Marián Ferreiro. Pola súa banda, o edil socialista David Pita coincidiu en sinalar que as estradas da Xunta, a de Castela e a de Cedeira, se cedan “en boas condicións e con todos os servizos”.
A segunda moción incluída na orde do día, presentada polo PSOE aprobouse cos votos favorables dos edís de TEGA e BNG. No documento solicítase a creación dun fondo extraordinario nos orzamentos da Xunta de Galicia de 2021 destinados á loita contra a pandemia da Covid-19. O portavoz do grupo na cidade, David Pita, denunciou que os concellos están asumindo nesta pandemia unha serie de competencias que non lles son propias e incidiu na necesidade de que a Xunta cree un fondo específico destinado ás corporacións locais con alomenos cen millóns de euros que se repartan seguindo criterios obxectivos.
Finalmente, a corporación local manifestou o seu apoio aos traballadores e traballadoras da empresa Galicia Textil SA nas súas reivindicacións ante a aplicación dun Expediente de Regulación de Emprego (ERE) e tamén na súa reclamación á Xunta e ao Goberno central para que interveñan na solución do conflito para garantir a continuidade dos postos de traballo. O apoio plasmouse a través dunha declaración institucional, tal e como se avanzou na tarde de onte tras reunirse a alcaldesa e portavoces dos grupos municipais con representantes dos traballadores e traballadoras.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal