Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O LUNS O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS E MEDIO AMBIENTE NO SECTOR NAVAL
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, anunciou que as persoas ás que se dirixe a convocatoria poderán anotarse dende o día 1 ata o 8 de febreiro
Narón, 29 de xaneiro de 2021. A concelleira de Formación, dirixida pola edil Natalia Hermida, convoca un curso de Prevención de riscos laborais e Medio ambiente no sector naval. A convocatoria forma parte do Programa Municipal de Formación do Concello e diríxese a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas na cidade. A edil naronesa avanzou que se ofertarán un total de 15 prazas e que se poderán tramitar as inscricións a partir do vindeiro luns, 1 de febreiro, ás 08.30 horas ata o 8 de febreiro ás 13.30. As solicitudes poden presentarse no Rexistro Xeral do Concello, a través da Sede Electrónica de Narón ou polos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Hermida explicou que o curso consta dun total de 16 horas, das que oito serán sobre Prevención de riscos laborais na especialidade naval e as restantes oito de Medio Ambiente, tamén no sector naval. As datas previstas para a celebración do mesmo son do 15 ao 18 de febreiro, de luns a venres entre as 9.30 e as 13.30 horas no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde; lei e regulamento de PRL, riscos de seguridade ligados ao ambiente de traballo, equipos de protección persoal, introducción ao medio ambiente, identificación de aspectos ambientais, segregación de residuos e actuacións ante derrames accidentais forman parte dos contidos desta convocatoria. As persoas que soliciten este curso non deben ter concedido outro do Programa Municipal de Formación coincidente temporalmente na realización nin contar cunha avaliación negativa en cursos da programación municipal neste mesmo sector de actividade nos últimos tres anos, tal e como se especifica na convocatoria. O alumnado seleccionarase por rigorosa orde de inscrición e o listado provisional de admitidos, suplentes e excluídos publicarase na Sede Electrónica do Concello de Narón. Para recibir máis información pódese consultar a páxina web do Concello –apartado de Formación-, a Sede Electrónica, ou contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal no teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1109).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal