Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PRAZO PARA ANOTARSE NA ACTIVIDADE DOS PLENOS ESCOLARES IMPULSADOS POLO CONCELLO AMPLÍASE ATA O 15 DE FEBREIRO
O PRAZO PARA ANOTARSE NA ACTIVIDADE DOS PLENOS ESCOLARES IMPULSADOS POLO CONCELLO AMPLÍASE ATA O 15 DE FEBREIRO
A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, destacou a importancia de implicar ás mozas e mozos no traballo que se realiza día a día nos concellos
Narón, 30 de xaneiro de 2021. O Concello ampliará ata o vindeiro 15 de febreiro, incluído, o prazo para que os centros de ensino da cidade poidan inscibirse na actividade didáctica dos plenos escolares, impulsada polo Concello co fin de fomentar a Participación Cidadá e os valores democráticos entre o alumnado. Así o indicou a concelleira responsable da área, Catalina García, que recordou que a proposta impúlsase a través da Escola de Participación Cidadá de Narón e se dirixe a alumnas e alumnos de terceiro e cuarto curso da ESO de centros de ensino de Narón.
“A través de sesións nas aulas, nas que se implanta unha dinámica de traballo cos escolares e o persoal docente, formúlanse unha serie de propostas para a cidade, vencelladas coa mocidade, e que se elevarán finalmente a un pleno que se simula no Concello e que preside a propia alcaldesa, Marián Ferreiro”, explicou. Persoal técnico da Escola de Participación experto en políticas públicas, pedagoxía e xestión de grupos encargase de impartir esta actividade, que se desenvolverá de xeito presencial respectando todas as medidas da normativa da Covid-19.
“A previsión actual é poder celebrar a actividade nos meses de abril e maio, trala Semana Santa e antes de que comecen os exames de finais de curso, aínda que este calendario que manexamos está suxeito a posibles cambios en función da evolución da situación sanitaria”, asegurou a edil naronesa.
“Queremos achegar a Participación Cidadá aos escolares de Narón, implicalos no día a día do traballo que se realiza ao longo do ano nun Concello dun xeito moi resumido pero seguindo unhas liñas básicas que lles permitirán coñecer a institución e tamén as vías de participación na toma de decisións”, explicou. García destacou que se trata dun traballo “grupal no que se abordarán dun xeito transversal valores como a igualdade de xénero, a xustiza social e a democracia”.
A concelleira responsable da área de Participación Cidadá indicou que para poder anotarse ou obter máis información sobre esta actividade os centros poden escribir á dirección de correo: escolaparticipacion@naron.es tanto para resolver dúbidas como para reservar prazas para os diferentes grupos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal