Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO E O FONDO GALEGO APOIAN A MUNICIPIOS DE MOZAMBIQUE NA LOITA CONTRA A COVID-19
O CONCELLO E O FONDO GALEGO APOIAN A MUNICIPIOS DE MOZAMBIQUE NA LOITA CONTRA A COVID-19
A concelleira de Benestar Social, Catalina García, recordou que o Consistorio aportou unha partida de 12.000 euros para materializar este proxecto
Narón, 2 de febreiro de 2021. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, destacou a colaboración ofrecida dende o Concello de Narón a nove municipios de Mozambique para contribuír a frear o avance da pandemia da Covid-19. O Consistorio naronés aportou 12.000 euros a unha iniciativa orzamentada en 18.126 euros e na que participou o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para dotar de material de protección e hixiene e implantar campañas de sensibilización a unhas 10.000 persoas.
García explicou que a proposta, que se canalizou a través da Asociación Nacional de Municipios de Mozambique (Anamm), “permitiu axudar á poboación dos municipios de Maxixe, Maganja da Costa, Quelimane, Mocuba, Monapo, Angoche, Lichinga, Metangula e Cuamba, adquirindo e transportando a través deste proxecto no que participou Narón 10.000 máscaras, 900 barras de xabrón e 45 baldes con billas, ao tempo que se informou á veciñanza das medidas preventivas que debían poñer en práctica para evitar contaxios pola Covid-19”.
Á hora de seleccionar os municipios tívose en conta que eran os que concentraban unha maior actividade de circulación de mercadorías e de poboación, resultando susceptibles de rexistrar un maior número de contaxios. Neste senso, “optouse por priorizar as comunidades desfavorecidas e os lugares máis expostos, como os mercados, as morgues, o transporte público ou os centros educativos”, segundo recordou García. Os produtos distribuídos seguiron as recomendacións emitidas polo Ministerio de Sanidade do Goberno de Mozambique e tamén criterios de sustentabilidade.
Con este proxecto, o Concello de Narón e o Fondo Galego avanzan no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, especialmente no que busca garantir unha vida sa e promover o benestar para todas as persoas. Ao tempo, poñen de manifesto a importante contribución das administracións locais á superación desta crise global, mesmo a través da cooperación internacional, tal e como quedou patente na campaña #OsMunicipiosCooperan.
Dende a Anamm salientan o elevado nivel de apropiación do proxecto por parte da poboación local, pois mesmo se crearon comités de control para advertir as persoas que circulaban sen máscara. Cómpre destacar tamén neste eido o papel da Policía Municipal, en coordinación cos citados grupos e mais cos líderes comunitarios.
Pola súa banda, a concelleira de Benestar Social asegurou que “é unha satisfacción ver como cunha aportación realizada dende o Concello podemos axudar a persoas que viven en países do terceiro mundo, como neste caso Mozambique, a dispoñer de medios de prevención fronte a esta devastadora pandemia da Covid-19”. García recalcou que “quixemos aportar dende o Concello o noso gran de area para axudar ademais de ás nosas veciñas e veciños, a outras persoas e así se fixo, levando a cabo accións coma estas que fan que merezca a pena participar na vida política”.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 98 concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Recoñecido como axencia municipal da cooperación galega, desde a súa fundación en 1997 o Fondo Galego ten desenvolvidos 170 proxectos en 32 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
20
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal