Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO OBRADOIRO DE BENESTAR PARA MULLERES MAIORES DE 50 ANOS
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO OBRADOIRO DE BENESTAR PARA MULLERES MAIORES DE 50 ANOS
A concelleira de Igualdade, Mar Gómez, explicou que esta iniciativa desenvolverase entre este mes e xuño deste ano no Cento Comunitario Manuela Pérez Sequeiros
Narón, 3 de febreiro de 2021. O Concello de Narón organiza un Obradoiro de Benestar para mulleres maiores de 50 anos dirixido a este colectivo e, en específico, a aquelas con doenzas psicosomáticas, depresión ansiedade… cunha rede de apoio social escasa. A concelleira de Igualdade, Mar Gómez, explicou que os grupos, tres en total, estarán formados por un máximo de sete persoas, das que catro participarán de xeito presencial e as tres restantes na modalidade en liña. “As modalidades establecidas poderán flexibilizarse atendendo en cada momento á normativa en vigor derivada da pandemia pola Covid-19”, avanzou Gómez.
As sesións, de balde, desenvolveranse entre este mes e o xuño deste ano no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros. O primeiro grupo reunirase os martes, de 10.00 a 11.30; o segundo tamén os martes pero de 16.00 a 17.30 e o terceiro os mércores de 16.00 a 17.30 horas.
Utilización do teléfono móbil, o mundo emocional, autoestima, coñecemento e autocoidado emocional, perspectiva de xénero, a importancia da relaxación e o exercicio físico, meditación e mindfulness, a nosa relación coa dor e kit de vida saudable son algúns dos contidos que abordarán as mulleres que participen nesta convocatoria.
As inscricións xa poden tramitarse, ata esgotar as prazas dispoñibles, no Rexistro municipal, na Sede Electrónica do Concello ou a través de calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O formulario para as inscricións está dispoñible na Sede Electrónica do Concello naronés, donde tamén se publicará o listado provisional e definitivo das persoas admitidas e excluídas neste obradoiro.
“Un dos obxectivos desta convocatoria é crear unha rede social de apoio, un espazo de aprendizaxe donde as mulleres ás que se dirixe poidan mellorar o seu benestar, tanto a nivel físico como emocional, e ao mesmo tempo ofrecerlles un lugar no que compartir experiencias e desconectar da súa rutina diaria”, explicou Gómez.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal