Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO GRUPO DE ACTIVIDADE FÍSICA PARA PERSOAS CON DOENZAS CRÓNICAS DO PROGRAMA O MOVEMENTO É VIDA
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO GRUPO DE ACTIVIDADE FÍSICA PARA PERSOAS CON DOENZAS CRÓNICAS DO PROGRAMA O MOVEMENTO É VIDA
O edil de Sanidade, Santiago Galego, animou á cidadanía a participar neste programa de actividade física adaptada que favorece a relaxación e o movemento dun xeito integral en beneficio da saúde
Narón, 4 de febreiro de 2021. O Concello de Narón organiza unha serie de actividades enmarcadas no Programa O Movemento é vida, dirixido a persoas diagnosticadas cunha doenza crónica que queiran realizar exercicio adaptado para levar mellor os procesos da enfermidade e, así mesmo, compartir e relacionarse traballando as habilidades sociais e persoais e a xestión emocional.
O obxectivo fundamental é acadar un maior benestar bio-psicosocial das persoas cunha enfermidade crónica, posto que o movemento é clave para que o corpo poida manter o mellor funcionamento posible, tal como recordou o concelleiro de Sanidade, Santiago Galego.
O programa desenvolverase de balde nunha instalación municipal organizándose en tres grupos, cun máximo de 10 prazas en cada grupo, adaptándose ás medidas de prevención específicas establecidas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivadas do Covid-19 na comunidade autónoma de Galicia. As persoas participantes deberán estar empadroadas en Narón, ser maiores de 18 anos e padecer algunha enfermidade crónica.
As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica, no rexistro municipal, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das adminstracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica do Concello de Narón. As prazas cubriranse por rigoroso orde de inscrición e as persoas seleccionadas serán informadas telefónicamente da súa admisión.
Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Concello de Narón no Servizo Sociocomunitario, Teléfono 981337700 Ext. 1115/1108/1109



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal