Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ABRIRÁ O LUNS 8 DE FEBREIRO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NOS TRABALLOS EN ALTURA E NOS TRABALLOS EN ESPAZOS CONFINADOS
O CONCELLO ABRIRÁ O LUNS 8 DE FEBREIRO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NOS TRABALLOS EN ALTURA E NOS TRABALLOS EN ESPAZOS CONFINADOS
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, recordou que o alumnado seleccionado será informado telefónicamente da súa admisión, para a confirmación da praza
Narón, 4 de febreiro de 2021. O Concello abrirá o vindeiro luns, día 8 de febreiro, o prazo de inscrición nun curso de ´Prevención de Riscos Laborais nos traballos en altura e nos traballos en espazos confinados´ que se impartirá no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara.
Os contidos incluirán formación en sensibilización medioambiental e perspectiva de xénero e tres charlas relacionadas coa empregabilidade no sector naval, a implementación das medidas de prevención e a revisión dos EPIs e o seu mantemento. As horas de formación totais serán 28 (16 horas de Prevención de Riscos Laborais e 12 horas de módulos adicionais) e realizaranse en quenda de mañá, cun horario previsto de 9.30 a 13.30 horas de luns a venres, desde o 22 de febreiro ate o 3 de marzo de 2021.
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, informou de que haberá un total de 15 prazas para maiores de 18 anos, desempregados e empadroados en Narón, que non teñan concedido outro curso do Programa Municipal de Formación que coincida temporalmente na súa realización. A selección do alumnado será por rigoroso orde de inscrición no Rexistro. O prazo de presentación das solicitudes iniciarase o día 8 de febreiro ás 8.30 horas e rematará o día 15 de febreiro ás 13.30 horas. As persoas interesadas deberán presentar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Narón, Sede Electrónica, e polos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Para máis información, as persoas interesadas poden consultar a Sede electrónica, sección de Servizos, Formación e Actividades Municipais ou contactar co Servizo Sociocomunitario, teléfono 981 33 77 00, ext. 1108/1109



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal