Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO PUBLICITARÁ OS LOACAIS DE HOSTALERÍA DA CIDADE QUE OFRECEN SERVIZO DE COMIDA A DOMICILIO OU PARA RECOLLER NOS PROPIOS ESTABLECEMENTOS
O CONCELLO PUBLICITARÁ OS LOACAIS DE HOSTALERÍA DA CIDADE QUE OFRECEN SERVIZO DE COMIDA A DOMICILIO OU PARA RECOLLER NOS PROPIOS ESTABLECEMENTOS
O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, indicou que os establecementos interesados en figurar no díptico deben enviar por correo electrónico a información requerida ao Concello
Narón, 5 de febreiro de 2021. O Concello de Narón impulsa unha nova acción encamiñada ao sector hostaleiro da cidade e, máis en concreto, ao da restauración. O edil de Promoción Económica, David Pita, anunciou que se publicitará un díptico no que figurarán os establecementos da cidade que estean ofrecendo servizo de recollida de comida nos propios locais ou para levar ao domicilio.
“Debido ao peche derivado das restricións pola evolución da pandemia queremos colaborar co sector e por iso ofrecemos a todas e todos os hostaleiros de Narón a posibilidade de participar nesta iniciativa, que xa levamos a cabo dun xeito similar e tamén con outros sectores de actividade tras declararse o estado de alarma, o pasado mes de marzo”, explicou. O edil naronés indicou que é preciso que as persoas interesadas se dirixan ao correo electrónico: promocioneconomica@naron.es e que envíen unha imaxe do exterior do establecemento xunto co nome do local, a ubicación e dirección de correo electrónico, número de teléfono e que especifiquen se envían a domicilio a través dalgunha plataforma (indicando cal é), se hai que ir a recoller ao propio establecemento ou se traballan coas dúas opcións. “Con estes datos realizaremos un folleto informativo a nivel local para facilitar ás veciñas e veciños a posibilidade de informarse da dispoñibilidade deste servizo”, apuntou.
Pita avanzou que a información requerida poderá enviarse ata o vindeiro luns, día 8 de febreiro, e animou aos propietarios de establecementos que ofrecen este servizo a participar nesta iniciativa “a modo de difusión deste servizo”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal