Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DÁ PUBLICIDADE AO PLAN NORMATIVO 2021 PARA DEFINIR TRES NORMAS XURÍDICAS A TRAVÉS DA PLATAFORMA NARÓN PARTICIPA
A cidadanía poderá enviar ata o 17 deste mes as súas propostas para as tres normas que se prevén aprobar este ano, tal e como indicou a concelleira de Participación Cidadá, Catalina García
Narón, 5 de febreiro de 2021. O Concello aprobou o pasado mes de outubro o seu Plan normativo para o exercicio de 2021, como vén facendo nos derradeiros catro anos. Este ano son tres as normas xurídicas municipais que se prevén aprobar, facilitando ás veciñas e veciños de Narón a súa participación na planificación e elaboración das mesmas a través da plataforma Narón Participa. A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, explicou que “este ano modificaranse o regulamento do programa “Xantar na Casa”, o Plan de Inspección municipal de actividades e tamén o regulamento do Servizo municipal de abastecemento de auga e saneamento do Concello de Narón”. O procedemento atópase nestes intres na fase de consulta previa e recolleita de propostas, indicou a edil. Neste trámite poden participar as veciñas e veciños presentando propostas ou suxerencias, con carácter previo á elaboración das normas polos distintos servicios administrativos. Unha vez redactados os borradores desas disposicións (á vista das suxerencias no seu caso recibidas da veciñanza) procederase á apertura dunha nova fase participativa de audiencia, para o seu posterior tratamento plenario. Todas aquelas persoas interesadas que desexen participar na definición destas tres normas poden facelo xa a través da plataforma Narón Participa, á que se pode acceder dende as webs: www.naronparticipa.es ou naronparticipa.gal e tamén a través da web do Concello –www.naron.es- e do Portal de Transparencia -https://naron.transparencialocal.gob.es/-. García avanzou que “nos tres casos citados pódense presentar aportacións ata o vindeiro 17 de febreiro, de cara a iniciar así o proceso para que no último trimestre deste ano queden aprobadas estas normas”. No referente ao regulamento do programa “Xantar na casa”, dirixido a persoas maiores e persoas en risco de exclusión social, apóstase por regular o sistema de acceso ao programa, así como o procedemento de concesión e xestión e o financiamento do servizo. O Plan de inspección de actividades do Concello determina as actuacións consideradas prioritarias no Servizo de Urbanismo no que respecta á inspección de actividades sometidas a licenza, comunicación previa ou declaración responsable e a finalidade é mellorar a calidade e eficiencia desas funcións encomendadas ás administracións locais. Finalmente, o regulamento do servizo municipal de abastecemento de auga e saneamento do Concello será adaptado ao regulamento marco establecido a nivel autonómico. “Quero animar ás veciñas e veciños a que participen un ano máis nesta iniciativa realizando as aportacións que consideren oportunas a través da plataforma que temos en funcionamento para este fin”, asegurou García, recordando que poden participar na elaboración das normas propostas persoas maiores de 16 anos empadroadas en Narón ou organizacións e asociacións legalmente constituídas e potencialmente afectadas polas mesmas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal