Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS "ESCOLAS DE FAMILIA" DIRIXIDAS A PERSOAS CON FILLAS E FILLOS ESCOLARIZADOS EN CENTROS DE NARÓN
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, indicou que as sesións se realizarán polo momento vía telemática e se adaparán en todo momento ás medidas que decreten as autoridades sanitarias pola Covid-19
Narón, 5 de febreiro de 2021. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, recordou que permanece aberto o prazo de inscrición nas Escolas de Familia do Concello de Narón. A edil naronesa indicou que se trata dunha actividade enmarcada no Programa Municipal de Educación Extraescolar (Promedex) que se dirixe ás familias de Narón e que se impartirá inicialmente de xeito virtual dende este mes, segundo as actuais previsións, e ata o vindeiro mes de xuño.
Taibo explicou que se poden anotar familias con fillas ou fillos escolarizados nos centros de ensino de Narón, tanto en educación Infantil como en Primaria ou Secundaria, e tamén nas escolas infantís da cidade. As sesións terán unha duración de dúas horas e serán vía telemática, un día á semana e en horario de tarde. “En canto a situación sanitaria o permita as sesións levaranse a cabo en instalacións municipais, donde se formarán grupos atendendo ás medidas que establezan en cada momento as autoridades sanitarias debido á pandemia”, avanzou.
A concelleira de Ensino recordou que a través das Escolas de Familia se traballa con catro bloques temáticos: Acompañamento e coaching familiar, Día a día, Estratexias para crear lazos afectivos e Temas a debate. No caso das escolas infantís abordaranse temas como: as etapas evolutivas do menor, apego e afectos, alimento e sono, autonomía, xestión das emocións… “En definitiva, trátase de analizar as inquedanzas educativas coas que se atopan as familias no momento de educar ás súas fillas e fillos e a través desta actividade tratamos de poñer á súa disposición as ferramentas precisas para afrontar diferentes casos e mellorar a convivencia”, explicou.
A actividade supón un desembolso de 8,15 euros ao mes por familia, tal e como se recolle na ordenanza municipal que regula os servizos prestados dende o Servizo Sociocomunitario. As solicitudes poden presentarse, ata esgotar as prazas dispoñibles, no Rexistro municipal, na Sede Electrónica do Concello ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. As prazas cubriranse por orde de inscrición e o listado provisional e definitivo de persoas admitidas, excluídas e en lista de agarda publicarase na Sede Electrónica do Concello de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal