Se celebra o 13 de setembro e a inscripción é gratuita
Narón, 2 de Setembro de 2009.- A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, presentou hoxe en rolda de prensa o evento de Street Basket organizado pola empresa deportiva Sport Zone, e que recalará en Narón, dentro da sua xira nacional, o vindeiro domingo 13 de setembro. A edila fixo un chamamento público a tódolos rapaces e rapazas do municipio, para participar neste torneo de baloncesto que se desenvolverá na Praza da Gándara, con inscripción gratuita e sen límite de prazas.
A organización establece catro categorías, en función da idade dos participantes: kids (nacidos a partires do ano 97), rookies (nacidos entre o 95 e o 96), young stars (nacidos entre o 93 e o 94) e stars (nacidos ata o 92). Cada equipo estará formado por tres xogadores (torneo 3x3) e o xogo –cunha única canasta- terá unha duración de 10 minutos ou rematará cando un equipo chegue ós 16 puntos.
O torneo desenvolverase tamén en Portugal e noutras cinco cidades de España . Os gañadores da categoría stars de cada unha delas, competirán por un premio consistente nunha viaxe a Nueva York para asistir a un partido da NBA. Os interesados poden recabar tódala información no seguinte enderezo web: www.streetbasketsportzone.com
Para desenvolver este torneo, Sport Zone instalará oito pistas inchables na Praza da Gándara. As inscripcións poderán realizarse por correo electrónico (geral@streetbasketsportzone.com), na tenda da firma deportiva ubicada en Odeón, na agrupación deportiva Santiago Apóstol, no Clube Baloncesto Narón, e nos colexios do municipio, onde haberá información específica sobre o torneo de 3x3. Tamén se admitirán as inscripcións feitas o mesmo día do torneo, ás 9 da mañá. O evento comenzará ás 10:00 horas.
O Street Basket levarase a cabo en colaboración co Padroado de Deportes do Concello de Narón e o Clube Baloncesto Narón. O presidente desta última entidade, Juan Filgueira, agradeceu hoxe ó goberno municipal e ós organizadores do evento a aposta pola promoción do baloncesto. “É a primeira vez que se fai un campionato así en Narón, e queremos que se siga apoiando este deporte”, engadiu.