Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS PROFESIONAIS DO SPEIS DE NARÓN REALIZARON DURANTE O PASADO ANO MÁIS DE 2.000 INTERVENCIÓNS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, valorou o traballo realizado polos bombeiros de Narón e destacou a súa profesionalidade
Narón, 9 de febreiro de 2021. Os profesionais do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (Speis) de Narón realizaron o pasado ano un total de 2.011 intervencións. Así o indicou a alcaldesa, Marián Ferreiro, que valorou o traballo desenvolvido polos profesionais do Speis e recalcou que “dende o pasado mes de marzo ás funcións que habitualmente realizan tiveron que sumar un amplo operativo para colaborar nos traballos de desinfección de espazos públicos e tamén instalacións municipais, así como outros edificios –centros de maiores- para evitar a propagación da Covid-19”. Ferreiro explicou que “os meses de marzo, abril e maio rexistrouse un amplo repunte no número de intervencións nas que foi precisa a actuación dos bombeiros de Narón” e recalcou que “do total das intervencións do pasado ano, prácticamente a metade correspóndense con desinfeccións derivadas das medidas hixiénicas aplicadas na cidade con motivo desta pandemia”. No marco das asistencias técnicas, no que se engloban precisamente as desinfeccións na vía pública derivadas da Covid-19, tal e como recordou a alcaldesa, tamén se levaron a cabo outras case 400 actuacións vencelladas a cortes e retiradas de árbores que obstaculizaban o paso por vías públicas; limpezas de vía, anegamentos, saneamentos en edificacións, apertura de portas e limpezas viarias por accidentes de tráfico, entre outras. Ferreiro destacou tamén o número de intervencións que ao longo do pasado ano se realizaron a modo de servizos apícolas, un total de 301. “Os profesionais do Speis levaron a cabo 165 inspeccións nesta área no ano 2020 e a maiores tamén se rexistraron 91 intervencións para extraer niños de velutinas con neutralización, e 28 cremacións de niños in situ, entre outros servizos”. Os servizos prestados polo persoal do Speis permitiron ademais levar a cabo o pasado ano un total de 87 intervencións de control e extinción de incendios, maioritariamente localizados en puntos da zona urbana e 92 actuacións de rescate e salvamento, das que o maior número foron en altura -46- aínda que tamén se realizaron en estruturas colapsadas -9- e en vivendas –un total de 7-. Intervencións derivadas do efecto de fenómenos naturais, operacións de axudas técnicas –embolsamentos de auga, corte de subministros, asegurar estruturas…-, operativos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, prevencións operativas –en eventos e instalacións…- formaron tamén parte do traballo desenvolvido polos bombeiros do Speis de Narón. Ferreiro destacou o traballo realizado dende este servizo “que ao igual que no resto de departamentos municipais debido á pandemia da Covid-19 acometeu tarefas moi específicas, a maiores das que leva a cabo habitualmente, encamiñadas a frear a propagación do virus pero sen descoidar en ningún momento o resto de servizos que presta o Speis”, equipo do que destacou a súa “profesionalidade”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal